HomeMovementos sociaisFEMforte renova a xunta directiva e prepara o 8M

FEMforte renova a xunta directiva e prepara o 8M

A asociación feminista monfortina vén de presentar aos medios a súa nova Xunta Directiva e prepara unha concentración para o 8 de marzo na Praza de España.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o colectivo FEMforte informan que dende o pasado 5 de febreiro contan cunha nova Xunta Directiva tras o cese da anterior. Deste xeito, a nova xestora da asociación está integrada polas seguintes persoas:

Olalla García Mariño (Presidenta)

Laura Isabel Quiroga Jorge (vicepresidenta)

Lara Martínez Álvarez (Secretaria)

María Nieves Domínguez González (Tesoureira)

Lidia Rodríguez Vigo (Vogal)

O obxectivo principal nas accións que emprenda a nova directiva será “centrarse na promoción da igualdade e o empoderamento de todas, pero especialmente de aquelas mulleres que están nunha situación de maior vulnerabilidadae, por estar en situación de violencia machista, por ter escasos recursos económicos, por pertencer a colectivos marxinados, como o da discapacidade, o das persoas con problemas de saúde mental, etc”.

No comunicado aproveitan tamén para anunciar e convidar á concentración que levarán a cabo o vindeiro 8 de marzo, Día Internacional da Muller, ás 20:30 h. da tarde na Praza de España de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...