HomeMovementos sociaisCita o 12 de marzo en Vilachá de Salvadur para "Tomar a...

Cita o 12 de marzo en Vilachá de Salvadur para “Tomar a Palabra na Ribeira Sacra”

Colectivos veciñais e culturais e de montes promoven unha xuntanza o día 12 deste mes a partires das 11.00 h. da mañá nas adegas de Vilachá de Salvadur para tratar a candidatura da Ribeira Sacra na UNESCO.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Varias asociacións veciñais, culturais e de montes coincidiron nos últimos meses en actos arredor da Ribeira Sacra. Destes encontros xurdiu a mesma inquedanza: como contribuír á candidatura da Ribeira Sacra ante a UNESCO “dende o noso saber e coa nosa opinión.”

Desde a organización aseguran que o encontro quere ser un espazo para poñer en común as achegas veciñais sobre a Ribeira Sacra. “Trátase de compartir as inquedanzas, ver en que coincidimos e tomar a palabra. Queremos que a nosa voz sexa tida en conta pola Administración competente na materia,” afirman. Aseguran que o seu propósito é colaborar, promover iniciativas e fomentar o recoñecemento dun territorio habitado por xente que coida da terra, da paisaxe e do patrimonio (in)material.

Para un bo funcionamento do encontro propoñen que aquelas asociacións que queiran, expoñan durante 5-10 minutos as súas ideas, preguntas ou suxestións. Poden ser dende iniciativas sobre o patrimonio da Ribeira Sacra até solicitar charlas informativas sobre o impacto da declaración de Reserva da Biosfera, Rede Natura e da UNESCO nos montes e nas ribeiras. Contra ás 13:30 h. proporase un documento que recolla o falado e sexa identificativo de todas as asociacións.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...