HomeMovementos sociaisO Concello do Incio intermediará na acollida de refuxiados de Ucraína

O Concello do Incio intermediará na acollida de refuxiados de Ucraína

Vendo o éxodo migratorio que está a provocar a guerra en Ucraína ofrécese para canalizar a axuda ás persoas que foxen.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello do Incio vén de comunicar a través dun Bando Municipal que “condena de maneira firme os actos bélicos que están a acontecer en Ucraína” e fai saber que promoverá a intermediación na acollida de persoas que chegan deste país.

Faise un chamamento a “todos os veciños e veciñas do concello que estean interesados en participar na acollida de refuxiados nas súas vivendas, ou queiran poñer a disposición de refuxiados ucraínos algunha vivenda baleira que estea en condicións habitables” para que contacten co concello e o fagan saber de cara a realizar un censo de veciñas/os voluntarias/os para o acollemento.

As persoas interesadas con vivendas dispoñibles (baleiras ou as propias familiares) deberán contactar co concello no teléfono 982 427014 ou a través do e-mail administracion@concellooincio.gal e informar das vivendas que poden ceder para a causa.

O Concello do Incio canalizará a axuda en materia de vivenda (vivendas baleiras para poñer a disposición dos refuxiados), no relativo á acollida (acollemento de persoas nos propios domicilios familiares) e tamén na axuda humanitaria.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...