HomeMovementos sociais"Camiñando por Ucraína", 6 andainas solidarias pola Ribeira Sacra

“Camiñando por Ucraína”, 6 andainas solidarias pola Ribeira Sacra

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra aúna promoción turística e solidariedade organizando para os días 14 e 23 de abril e 1 de maio rutas solidarias con Ucraína.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra asinou un Convenio de Colaboración con Cruz Roja Española en Ourense, un dos organismos que está a dar cobertura ás accións urxentes que proporcionan os servizos necesarios para atender aos ucraínos e ucraínas e reducir o impacto humanitario desta crise.

“Desde que coñecemos a dramática situación que se está a vivir en Ucraína, decidimos artellar unha vía coa que colaborar dende o Consorcio aproveitando algúns dos moitos recursos turísticos cos que conta o xeodestino,” sinalan desde o Consorcio.

“Camiñando pola Ucraína” é o lema do programa de actividades, o cal consistirá na realización de 6 andainas no territorio de Ribeira Sacra, durante varias fins de semana. O prezo da inscrición nestas rutas (10€/persoa) será doado integramente para a causa sinalada.

Sendeiro na Ribeira Sacra / XdL

A distribución das andainas de “Camiñando pola Ucraína” será a seguinte:

14 DE ABRIL:

  • PR-G 237 Sendeiro do miradorio de Matacás (Castro Caldelas)
  • PR-G 249 Camiño Vello de Aldosende (Paradela)

23 DE ABRIL:

  • PR-G 218 Circular de Montouto (Quiroga)
  • PR-G 253 Ruta Granítica de Moura (Nogueira de Ramuín)

1 DE MAIO:

  • PR-G 224 Ruta da Teixeira (A Teixeira)
  • PR-G 242 Ruta da Capela de San Vitorio á Mina de Veneira (A Pobra do Bro

Cada ruta contará cun aforo máximo de 50 persoas. A reserva de prazas poderá facerse a través da plataforma habilitada dentro da páxina web https://turismo.ribeirasacra.org/es/noticias/caminando-pola-ucraina. Para máis información, os/-as interesados poderán poñerse en contacto co Consorcio de Turismo Ribeira Sacra en turismo@ribeirasacra.org ou no teléfono 638 823 592.

A realización desta iniciativa non sería posible sen a colaboración das 6 empresas especializas en turismo activo que se encargarán da coordinación e guiado das rutas de sendeirismo (Coureleando, Milpositivos, Monte da Roda, Rutea, Surbia Natura e Xeitura). Varias xa manifestaron que participarán de xeito totalmente altruista, doando os seus honorarios para a causa, e outras amosaron o seu interese para outras posibles iniciativas semellantes.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...