HomesociedadeEn Son de Paz este día 30 en Chantada

En Son de Paz este día 30 en Chantada

Este sábado, 30 de abril, a veciñanza de Chantada está convocada a un acto musical, cultural e divulgativo para colectivizar información sobre a situación de conflitos bélicos e da poboación refuxiada que foxe deles.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Son de Paz busca ser un encontro da veciñanza que retome a vida comunitaria na rúa e nos espazos públicos, a través da música e da cultura e que pretende aproveitar a necesidade das persoas de tomar parte coa realidade que lles toca vivir. 

O acto vén promovido por un grupo de persoas vinculadas a distintas actividades e proxectos culturais e musicais que entenden que a música pode e debe ser un elemento vertebrador, non só da solidariedade, tamén da unión comunitaria.

Ás 11:30 comezará no auditorio un ciclo de charlas no que tanto persoas coñecedoras da realidade da Ucraína e doutras zonas en conflito como persoas que participan do activismo e da axuda directa a persoas refuxiadas, compartirán as súas visións, coñecementos e experiencias. África e Iemen como refuxios, os refuxiados saharauis e ucraínos e o seu acollemento serán algúns dos temas a tratar.

Pola tarde, a partir das 17:00 na praza do Cantón, ollarase cara o mesmo sitio desde outra perspectiva. Coro Ucraíno, Estrella Polisaria, Academia Feat. Aziz&Ajyu, Searas, Fábrica de Espejos, Liviao de Marrao e Rastreros encherán de música e cultura a vila cos seus sons de paz. Facilitaranse canles de colaboración con distintas entidades e colectivos que participan na axuda ás persoas refuxiadas. 

ÚLTIMAS

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...

Este 16 de xaneiro preséntase en Chantada “Guía Micolóxica Básica da Provincia de Lugo”

A Irmandade Cultural País do Faro organiza para este venres, 16 de xaneiro, a...