HomeMovementos sociais"Reboiras. Acción e corazón', este sábado en Chantada

“Reboiras. Acción e corazón’, este sábado en Chantada

O documental, realizado por Alberte Mera, proxectarase por iniciativa do BNG de Chantada no Auditorio Municipal este sábado ás 20:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

‘Reboiras. Acción e corazón’, a película documental sobre Xosé Ramón Reboiras Noia, máis coñecido como Moncho Reboiras, exhibirase este sábado 18 de xuño no Auditorio Municipal de Chantada.

O acto será presentado por Iago Suárez e contará coa intervencións de: Alberte Mera, director; Xosé Manuel Pavón, membro do grupo de Reboiras; e Xosé Lois García, veciño de Chantada que coñeceu a Moncho Reboiras.

Moncho Reboiras foi a última vítima mortal da ditadura franquista en Galicia e un referente mártir para o nacionalismo galego, motivo dabondo para que o director, Alberte Mera, decidise no seu día renderlle homenaxe con esta obra audiovisual.

A película combina 29 entrevistas de testemuñas con secuencias ficcionadas para ilustrar os momentos máis relevantes da vida deste sindicalista, político nacionalista galego e opositor á ditadura franquista.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...