HomeMovementos sociaisFormación para previr e detectar doenzas relacionadas coa saúde mental

Formación para previr e detectar doenzas relacionadas coa saúde mental

A asociación monfortina Albores Saúde Mental poñerá en marcha un programa para abordar este tema desenvolvendo diferentes accións en colexios e institutos das Comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Albores Saúde Mental, entidade sen ánimo de lucro que apoia ás persoas con enfermidade mental e ás súas familias, poñerá a andar nos vindeiros meses breves accións formativas sobre saúde mental nos colexios e institutos das comarcas do sur de Lugo para conseguir que tanto o profesorado coma o alumnado adquiran uns coñecementos básicos cos que previr doenzas relacionadas coa saúde mental, detectalas e/ou melloralas nas primeiras fases de aparición.

Segundo nos trasladan de Albores, a día de hoxe teñen programadas xa 6 accións formativas en IES das comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga, accións que serán desenvolvidas por Raquel López González, psicóloga especializada en Psicoloxía da Intervención Social.

Albores no IES Daviña Rey / Albores

Aínda que teñen xa unha programación inicial pechada informan que non queda desbotada a posibilidade de realizalas noutras institucións. Neste senso aproveitan para animar a contactar coa asociación a aquelas entidades que estean interesadas nestas accións formativas.

Estas actividades serán posibles grazas ao Programa de Cooperación da Xunta de Galicia coas entidades sen ánimo de lucro, que financia o “Programa de prevención e abordaxe da exclusión social das persoas con enfermidades mentais”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...