HomeMovementos sociaisRecollida de sinaturas en Monforte para lembrar os incumprimentos da 'Iniciativa Xabarín'

Recollida de sinaturas en Monforte para lembrar os incumprimentos da ‘Iniciativa Xabarín’

Está promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística e apoiada pola súa delegación do Sur de Lugo con base en Lemos. A acción desenvolverase o 2 de decembro das 11 ás 13:00 h. na Rúa Cardenal.

Publicado o

- Advertisement -

A delegación da MESA Pola Normalización Lingüística no sur de Lugo daralle apoio á campaña  ‘Iniciativa Xabarín’ poñendo un posto para recoller sinaturas de apoio á mesma o 2 de decembro de 11 a 13:00 h. na Rúa Cardenal de Monforte de Lemos

O fin concreto e directo desta acción é insistir en reclamar á Xunta e aos operadores televisivos do estado para que aumenten a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade.

ANTECEDENTES DESTA ACCIÓN REIVINDICATIVA

Hai 3 anos que A Mesa pola Normalización Lingüística lanzou a Iniciativa Xabarín reclamando contidos infantís e xuvenís en galego nas televisións públicas. Co apoio de 33.000 sinaturas a Iniciativa debateuse no Parlamento galego que en maio de 2021 aprobou por unanimidade.

Ademais as Cortes do Estado aprobaron en xuño de 2022 a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual que na disposición adicional 5ª indica que o fornecedor do servizo público de comunicación audiovisual de ámbito estatal e os fornecedores do servizo de comunicación audiovisual de ámbito estatal garantirán nos seus servizos de comunicación audiovisual temáticos infantís, e nos seus catálogos de programas, a incorporación de contidos audiovisuais especialmente recomendados para o público infantil de até doce anos, dobrados nas linguas oficiais das comunidades Autónomas. Asimesmo, estes fornecedores ofrecerán contidos audiovisuais dirixidos ao público xeral, dobrados ou lexendados nas linguas oficiais das Comunidades Autónomas.

A Mesa pola Normalización Lingüística insiste en que ningún dos anteriores acordos se está a cumprir e por iso a razón de ser desta protesta, recollendo sinaturas para amosar o malestar con estes retrasos ou desidia.

“A TVG continúa a limitar a programación á 2ª canle, sen que teñamos visto nestes tres anos ningún avance para a creación dunha canle temática nunha plataforma dixital própria, nin acordos para a inclusión nas operadoras de TV dispoñíbeis. TVE, pola súa banda, incumpre descaradamente e sen rubor a lexislación: desde a aprobación da Lei audiovisual emitiu 0 programas infantís ou xuvenís en versión orixinal, dobrada ou lexendada em galego”, afiman dende a asociación activista a prol do galego.

E engaden “mentres se incumpren estes acordos e a lexislación,  a presenza do galego nas canles temáticas infantís e xuvenís da TDT e operadoras de televisión é dun 0,83% que converte aos servizos audiovisuais noutro espazo vetado para o noso idioma“.

ÚLTIMAS

Traballo colectivo da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next para a súa posta en funcionamento

Os encontros desenvólvense os venres pola tarde coa presenza dun máximo de 20 empresas,...

O BNG de Monforte leva a pleno un punto de información turística na Compañía

Explican os nacionalistas que o tramo da rúa Doutor Casares máis próximo ao centro...

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa...

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...