HomeMovementos sociaisA asociación Agora renova material informático e mobiliario grazas ao 7% do...

A asociación Agora renova material informático e mobiliario grazas ao 7% do IRPF

Con este novo equipamento, poderanse traballar terapias específicas de xeito transversal nas áreas de psicoloxía, fisioterapia, terapia ocupacional, traballo social e logopedia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A asociación AGORA de Persoas con Discapacidade da Comarca de Lemos, entidade membro de COGAMI, acaba de adquirir mobiliario novo para o centro, equipamento dixital e equipamento informático destinados ao equipo de profesionais para desenvolver o seu traballo diario coas persoas usuarias.

Para a adquisición deste equipamento, AGORA contou co apoio da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF que proveñen do recadro 106 de Actividades de Interese Xeral para Fins de Carácter Social, máis coñecida por X Solidaria.

MATERIAL ADQUIRIDO

Entre o material adquirido están varios ordenadores de sobremesa, 2 armarios para almacenaxe, unhas gafas de realidade virtual, un encerado dixital e unha vídeo consola, equipamento novidoso que permitirá promover novas metodoloxías de traballo na atención ás persoas usuarias e novas terapias.

“O uso das novas tecnoloxías aplicado ás terapias en persoas con discapacidade permite experimentar novas formas de atención e participación social”, explica o presidente de AGORA, Isaac Rodríguez, quen engade que “para entidades como a nosa é moi importante a contribución da sociedade que marca o recadro de actividades de interese social porque facilítanos mellorar os nosos programas e recursos”.

POSIBILIDADE DE MELLORAR PROGRAMAS E SERVIZOS

Dende a entidade consideran que con estes novos equipos poderán traballar terapias específicas de xeito transversal nas áreas de psicoloxía, fisioterapia, terapia ocupacional, traballo social e logopedia. Ademais, a través da realidade virtual poderán promover o adestramento das persoas en situacións cotiáns para ter maior autonomía e habilidades sociais.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...