HomeMovementos sociais'Vacacións en Paz 2024', programa para acoller nenos e nenas saharauis

‘Vacacións en Paz 2024’, programa para acoller nenos e nenas saharauis

Haberá unha charla explicativa sobre este programa o vindeiro sábado 16 de marzo ás 16:30 horas no Centro Cívico do Malecón de Monforte organizada pola ONG SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS), que traballa na pretensión da mellora das condicións de vida tanto dos refuxiados sahaurauis coma da poboación residente no Sáhara Occidental ocupado por Marrocos, retoma o impulso da súa actividade na provincia de Lugo e, moi especialmente, no sur da provincia que comeza coa organización da charla informativa sobre o programa de acollida “Vacacións en Paz”

Esta charla será impartida pola presidenta de SOGAPS, Maite Isla, e contará coa participación do novo delegado saharaui para Galicia, Mahfri, quen explicarán os detalles do programa tanto para familias que xa participan del, así coma para familias ou persoas interesadas para esta edición 2024.

“VACACIÓNS EN PAZ”

Trátase dun proxecto de acollida temporal de nenas e nenos saharauis durante os meses de xullo e agosto que en Galicia leva a cabo SOGAPS a petición expresa do goberno da República árabe Saharaui Democrática (RASD). A nosa comunidade autónoma vén participando nesta iniciativa solidaria desde o ano 1991, ofrecendo ás familias saharauis a posibilidade de que os seus fillos gocen dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e coidados das familias acolledoras galegas. O obxectivo xeral da iniciativa é trasladar a nenas e nenos saharauis, procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis en Tindouf (Arxelia), para pasar dous meses do verán acollidos por familias galegas.

Para darlle impulso ao proxecto organízase este sábado 16 de marzo unha charla informativa ás 16:30 h. no Salón de Actos do Centro Cívico de Monforte, comezando así unha nova xeira para a nova estrutura de SOGAPS Lugo coa incorporación de persoas da zona sur que contará coa colaboración do Concello de Monforte para vindeiras actividades.

Dende a ONG aproveitan tamén para agradecer, nesta nova etapa da organización, “o compromiso solidario que sempre amosou tanto o Concello de Monforte como o sur daa provincia”.

Para maior información sobre o proxecto pódese contactar con Alberto Pérez Galán (Membro SOGAPS Lugo sur) no teléfono 609536940 ou no correo albertopgalan@gmail.com

ÚLTIMAS

Entrega dos premios do ‘Mondial de Vins Extremes’ e xantar de Nadal da D.O. Ribeira Sacra

A D.O. Ribeira Sacra vén de celebrar a súa tradicional comida de Nadal, un...

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...