HomeMovementos sociaisSober celebra os 21º Xogos Autonómicos Special Olympics Galicia

Sober celebra os 21º Xogos Autonómicos Special Olympics Galicia

Nesta xornada, que se celebrará o sábado 26, participarán un total de 263 persoas

Publicado o

- Advertisement -

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, o Alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, o Presidente de Special Olympics, Eladio Fernández Pérez e o representante de PRODEME, Julio Cortiñas presentaron hoxe en Sober a XXI Edición dos xogos de campo a través e petanca que organiza Special Olympics, coa que colabora o Executivo Provincial. Nesta xornada, que se celebrará en Sober, este sábado 26 de maio a partir das 10:15 da mañá, participan un total de 263 persoas na organización, incluído adestradores e participantes. A Deputada felicitou a Special Olympics “por impulsar e organizar estes xogos, que contribúen a botar abaixo barreiras e obstáculos que son os que realmente entorpecen a total integración”.

Cartel das Olimpidas/Concello de Sober

horario

10.45 horas – Inauguración dos 21º XOGOS AUTONÓMICOS DE CAMPO A TRAVÉS E
PETANCA SPECIAL OLYMPICS GALICIA.
11.30 horas – Inicio das distintas probas que compoñen os Xogos
18.00 horas – Clausura dos Xogos

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...