HomeMovementos sociaisBingo solidario de Colectivo Vermut en favor das persoas afectada pola DANA

Bingo solidario de Colectivo Vermut en favor das persoas afectada pola DANA

O Colectivo Vermut e o Restaurante Garden de Monforte uniron esforzos para organizar un evento solidario en apoio ás persoas afectadas pola recente DANA na Comunidade Valenciana. A cita, o 14 de novembro, de 20:30 a 22:30 horas no Restaurante Garden.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Restaurante Garden, na xornada do 14 de novembro, acollerá un bingo solidario cuxa recadación será destinada integramente á Cruz Vermella da Comunidade Valenciana para axudar nos labores de emerxencia. O Restaurante Garden súmase a esta causa e doará 1€ de cada consumición realizada durante o bingo.

Candela López, presidenta do Colectivo Vermut, explicou que, tras avaliar diferentes formas de colaborar, decidiron destinar os fondos directamente a quen está traballando na zona afectada. “Consideramos a posibilidade de comprar produtos e envialos, pero as necesidades cambian rapidamente. Cremos que quen está sobre o terreo son os que mellor poden xestionar os recursos”, comentou Candela.

Os premios do bingo serán xenerosamente doados por empresas e colaboradores da comarca. Desde o Colectivo Vermut, convidan a quen desexe contribuír a esta causa para poñerse en contacto a través das redes sociais da asociación ou a achegarse directamente á xerencia do Restaurante Garden.

Con este evento, o Colectivo Vermut e o Restaurante Garden desexan agradecer a resposta solidaria da comunidade e recoñecen o espírito de colaboración de todas as persoas que, coa súa participación, demostran unha vez máis a forza e solidariedade da nosa poboación.

ÚLTIMAS

A Escudería Chantada informa da suspensión da 52 edición da Subida

Aseguran desde a Escudería que non se dan as condicións óptimas para reunir o...

Un novo cineclub en Monforte reforzará a oferta audiovisual e cultural da cidade

As proxeccións terán lugar todos os venres ás 20.00h no Ateneo Casino de Monforte...

Taller de Subvencións para Emprender e para Empresas Galegas, o 28 de xaneiro online

Durante o taller daranse a coñecer a subvencións para promover e apoiar ás persoas...

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da...