HomeMovementos sociaisXantar solidario en Monforte para axudar ao Pobo Saharauí

Xantar solidario en Monforte para axudar ao Pobo Saharauí

Será o vindeiro sábado 29 de marzo no restaurante Abadía de San Simón tendo como obxectivo recadar fondos para a ONG 'Solidariedade Galega co Pobo Saharauí' (SOGAPS). Parte dos beneficios desta iniciativa destinaranse ao programa Vacacións en Paz.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xornada dará comezo o sábado 29 de marzo ás 12:30 horas no restaurante monfortino Abadía de San Simón e farao cunha animada sesión vermú a cargo dun DJ, a actuación de José Luís García Percusionista e unha pancetada de aperitivo. A continuación terá lugar o xantar solidario, cun custo de 30 euros, que inclúe tanto o propio xantar como a pancetada da sesión vermú pero non a bebida que se consuma.

Tras o xantar, a festa continuará cunha tarde de concertos, na que están programados as seguintes actuacións: Valentina Brown, Delorean’s e Dinosaurios. “Será unha xornada de convivencia, música e solidariedade, aberta a todas aquelas persoas que queiran colaborar coa causa”, trasladan dende a organización.

As entradas poden adquirirse nos establecementos Foot on mars (rúa das Hortas, 41) e Piensos Senra (rúa Benito Vicetto, 45), ou contactando a través do teléfono 609 536 940 ou 671 473 982.

ÚLTIMAS

Tres menores investigados en Sarria por furtos en dous comercios

A Garda Civil investiga na localidade lucense de Sarria a tres menores de idade...

Así se presenta a programación deste Nadal en Monforte

A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, e a Concelleira de...

Unha trintena de persoas fórmanse no sector vitivinícola grazas a un curso organizado pola APEHL

A acción formativa estivo impartida polo Instituto Galego do Viño. O seu director, Xoán...

30.000€ para mellorar o equipamento do Matadoiro Municipal de Sarria

Os fondos permitirán ao Concello mercar e facer unha obra de instalación dun box...