HomeMovementos sociais600 alumnas e alumnos no 'Correlingua' de Monforte

600 alumnas e alumnos no ‘Correlingua’ de Monforte

Rapaces e rapazas de centros de ensino de Monforte, Chantada e A Rúa reivindicaron o uso do galego na festa que tivo lugar no Parque dos Condes da cidade do Cabe. A celebración organizouse co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Monforte acolleu este mércores 7 de maio a primeira das tres festas na provincia do Correlingua que este ano se celebran baixo o lema “A mocidade activa por unha lingua viva” e que manteñen a reivindicación do uso do galego entre a rapazada dun xeito festivo.

A deputada de Cultura, Iria Castro, participou no acto, que reuniu 600 alumnos e alumnas de centros do IES A Pinguela, IES Francisco Daviña Rei, IES Río Cabe, IES Val do Asma (Chantada), CEIP A Gándara, CEE Infanta Elena e IES Cosme López Rodríguez (A Rúa) e que contou coa actuación da Mekanika Rolling Band, como gañadora do certame Cantalingua, convocado tamén dentro da iniciativa Correlingua.

Dende a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que apoia a organización das actividades do Correlingua, din que están enfocadas “en reivindicar o uso do galego a través de actividades colectivas, lúdicas e de interacción entre o alumnado de diferentes centros e localidades”.

Chegada do alumnado ao Parque dos Condes de Monforte. Foto: Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Mondoñedo, o día 20, e Lugo, o 28, acollerán as outras dúas marchas de Correlingua na provincia.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...