HomeMovementos sociaisCelebración do Día Mundial da ELA en Monforte

Celebración do Día Mundial da ELA en Monforte

O acto desenvolveuse dende ás 11:00 horas da mañá e tivo como parte central do mesmo, a organización dunha marcha solidaria na que participou un gran número de persoas e autoridades, como apoio á iniciativa proposta pola Asociación AGAELA.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, polo concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural e servizos, José Luis Losada, pola Concelleira de Cultura, Marina Doutón e pola Concelleira de Consumo, Regina López, ademais de outros membros da Corporación Municipal, participaron este domingo 22 de xuño nos actos organizados pola Asociación Galega da ELA, AGAELA. A entidade celebrou o día mundial desta enfermidade en Monforte de Lemos, en memoria de Germán García.

O acto desenvolveuse dende ás 11:00 horas da mañá e tivo como parte central do mesmo, a organización dunha marcha solidaria na que participou un gran número de persoas e autoridades, como apoio á iniciativa proposta pola Asociación AGAELA.

A marcha, que estivo encabezada pola Vicepresidenta da Asociación, Susi Seoane Lema, acompañada polo Alcalde de Monforte, José Tomé, os membros do Equipo de Goberno, ademais de membros da Corporación e demais autoridades presentes, tivo un percorrido de 2,5 quilómetros dende a Praza da Compañía pola rúa Carude, San Lázaro, Reboredo, Historiador Dalmiro de la Válgoma e Escultor Francisco Moure, para voltar ao punto de partida, onde acto seguido, os asistentes puideron desfrutar dunha exhibición de Escola de Baile Ritmo Lg+ e do posterior sorteo de agasallos doados polos comercios locais de Monforte de Lemos, en colaboración coa Asociación AGAELA.

O Alcalde de Monforte, José Tomé, que tal e como explicou na súa intervención, viviu de preto a enfermidade do homenaxeado Germán Macía, quixo ter un especial recordo para os seus pais, presentes no acto, e subliñou “a dureza desta enfermidade polo deterioro muscular que produce, mentres os pacientes, seguen a ter as súas facultades cognitivas intactas”. Así mesmo, tamén quixo mandar unha mensaxe de esperanza para todos os pacientes que sofren esta enfermidade, centrado nos avances científicos que se están producindo nos últimos tempos, coa esperanza de que nun futuro próximo, se atope algún avance que cure a enfermidade ou se poida converter en crónica.

MOCIÓNS PROVINCIAL E MUNICIPAL DE APOIO Á ELA

O Alcalde rematou a súa intervención lembrándolle a todos os presentes, que tanto na Deputación Provincial de Lugo como no Concello de Monforte, foron aprobadas en Pleno, sendas mocións nas que ambas institucións se comprometían a axudar aos pacientes que sofren esta enfermidade –dentro do ámbito de actuación de cada unha delas–, e mostrouse aberto a apoiar toda iniciativa viable que repercuta nunha visualización da ELA e na mellora da calidade de vida dos pacientes que a padecen.

ÚLTIMAS

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...