HomeMovementos sociaisIV Carreira e Andaina contra o Cancro o 14 de setembro en...

IV Carreira e Andaina contra o Cancro o 14 de setembro en Monforte

O Concello de Monforte participa moi activamente na organización da mesma e terá lugar o 14 de setembro ás 12:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na presentación da IV edición da Carreira e Andaina, Monforte en Marcha contra o Cancro –que a delegación lucense da Asociación Española contra o Cancro impulsa en Monforte–, a concelleira Margarita López estivo acompañada polo Presidente da Asociación Española Contra o Cancro na provincia de Lugo, José Manuel Rozas Bello, e o director territorial de Política Social da Xunta de Galicia en Lugo. Tamén acudiu a esta rolda de prensa a concelleira de Consumo, Regina López Arias, e membros da Corporación municipal.

“Iniciativas de carácter solidario e social tan importantes coma esta, merecen todo o noso apoio”, comentaba a concelleira de Muller e Igualdade ao tempo que explicaba que o Equipo de Goberno colaborou activamente coa Asociación contra o Cancro no deseño do percorrido desta carreira, no que participaron tamén tanto o Técnico de Deportes como a Policía Local.

Dende o Concello tamén se proporcionará o servizo de ambulancia, e levarase a cabo a colocación das vallas que delimitarán o circuito deseñado para a mesma, un percorrido de 5 quilómetros que terá saída e chegada na Praza da Compañía.

No desenvolvemento deste evento solidario-deportivo participa tamén a Policía Local no que respecta ao control e organización do tráfico velando pola seguridade dos e das participantes.

PARTICIPACIÓN NA CARREIRA E ANDAINA

A concelleira, Margarita López, animou aos veciños e veciñas a participar neste evento deportivo e solidario e lembrou que o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 13 de setembro e pode facerse de xeito online ou no local da asociación.

O prezo para a inscrición é de 10€ e inclúe a camiseta. Todos os fondos recadados irán destinados a seguir mellorando a vida dos pacientes con cancro e as súas familias, e a impulsar a investigación oncolóxica para acadar un 70% de supervivencia no ano 2030.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...