HomeMovementos sociaisA asociación 'Chantada contra o cancro' anima a inscribirse na súa andaina...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Será o vindeiro domingo 16 de novembro e percorrerá fermosas paisaxes da Ribeira Sacra chantadina. O evento está xa consolidada no calendario local e galego alcanzando este ano a súa quinta edición.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a ‘Asociación Chantada contra o Cancro‘. Contará con varios percorridos, segundo o nivel de dificultade e distancia, e terá como saída a Adega Condado de Sequeiras, un negocio colaborador e moi implicado co evento.

O obxectivo principal, refiren dende a asociación, “non é só a recadación de fondos, senón tamén promover unha práctica saudable en contacto coa natureza, nun entorno de grande valor paisaxístico e case sanador como é a Ribeira Sacra. Ademais, trátase dunha actividade colectiva que favorece a convivencia e a creación de lazos entre as persoas, unindo a cidadanía arredor dunha causa común como é a loita contra o cancro”.

RECOLLIDA DE PARTICIPANTES, INSCRICIÓNS E PERCORRIDOS

A ‘V Andaina solidaria Chantada contra o Cancro’ dará comezo ás 10:00 horas, coa saída de autobuses desde a Praza de Galicia a partir das 9:15 h. e regreso ao mesmo punto ao remate das andainas. As inscricións poden realizarse a través de ccnorte.com ou nos establecementos Mar e Bellota, Hotel Mogay e Número 13 de xeito presencial. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 13 de novembro e cun prezo simbólico de 5 euros.

PERCORRIDOS SEGUNDO DISTANCIA E DIFICULTADE

-Ruta curta: 6 quilómetros (dificultade baixa).

-Ruta media: 10 quilómetros (dificultade media).

-Ruta longa: 20 quilómetros (dificultade alta).

Nas anteriores edicións, a cita reuniu participantes non só de Chantada e da súa contorna, senón tamén doutros puntos de Galicia, atraídos polo carácter solidario da iniciativa e pola singularidade paisaxística da zona.

O evento vai medrando ano a ano reunindo cada vez máis xente, e xa non só da contorna se non de diferentes puntos de Galicia. Dende a entidade sinalan que “con esta quinta edición, a Andaina Solidaria “Chantada contra o Cancro” consolídase como unha proposta de referencia que combina a práctica deportiva, a posta en valor do territorio e a sensibilización social. Un exemplo de participación cidadá e compromiso solidario”.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...