HomeMovementos sociaisUn mellor tren entre Ferrol e Lugo, a nova protesta do cura...

Un mellor tren entre Ferrol e Lugo, a nova protesta do cura máis reivindicativo de Galicia

O museo de Monforte convertiuse en escenario de protesta para o controvertido cura Luís Rodríguez Patiño

Publicado o

- Advertisement -

Luís Ángel Rodríguez Patiño é o párroco de O Val De Xestoso, A Coruña, pero non é coma os demais. Acostumado a levarlle a contraria á xerarquía eclesiástica en moitos temas como a homosexualidade, o aborto ou o celibato, fala claro, rápido e ás veces di “coño” sen parar. Aínda que esta forma de actuar sabe que lle pasa factura, como así o demostran os expedientes que ten abertos, a el parece non importarlle.

Como non podía ser doutro xeito o ferrocarril, medio de transporte moi desfavorecido na provincia de Lugo, tamén foi o protagonista dos seus actos reivindicativos. Así, acompañado dun bo número de fegreses, viaxou ata o Museo do Ferrocarril de  Monforte para reclamar a mellora da conexión entre Ferrol e Lugo.

No seu día pediu que se excomugara  da Igrexa Católica ao Presidente do Goberno, Mariano Rajoy por “atentar” contra o dereito da vida de moitas familias que non teñen o necesario para vivir mentres que lle prestou cartos aos bancos para que se seguisen lucrando, ata polo feito de levar a cabo recortes na sanidade pública. Incoformista e compulsivo, tamén declarou que considera unha “aberración” e unha “blasfema” que os lexionarios leven a Cristo crucificado en procesión por exhibilo arrodeado de fusís.

 

ÚLTIMAS

Cine social na programación de maio do Cineclub Ateneo

As actividades comezan o venres, 8 de maio coa proxección ás 20:00h de "Frontera"....

Davide Salvado presenta o seu novo traballo na mostra de cinema portugués na Ribeira Sacra ‘Vendaval’

Do 23 ao 31 de maio terá lugar o pase de primavera do Vendaval,...

O físico, Jorge Mira, falará este venres en Quiroga da eclipse solar do 12 de agosto

A charla centrarase nas características deste fenómeno astronómico pouco frecuente, repasando o que é...

Lemos Le prepara para o 15 de maio a I Romaría das Letras Galegas

Esta primeira edición nace coa vontade de converterse nun espazo de encontro, celebración e...