HomeMovementos sociaisCSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

Neste contexto actual de choivas persistentes advirten da falta de personal especializado e de sistemas hidráulicos envellecidos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a “alarmante situación das presas de categoría A da conca do Miño-Sil, cuxa rotura podería provocar danos moi graves á poboación e a servizos esenciais como auga, enerxía e comunicacións”.

Actualmente, a conca conta con dúas presas estatais de máxima categoría: a presa de Bárcena, en Ponferrada (León), e a presa de Vilasouto, no Incio (Lugo). Segundo advirten, esta última só dispón dun técnico de instalacións hidráulicas, o resto do persoal dedícase a tarefas administrativas”, e engaden que “a insuficiente dotación humana compromete a vixilancia, o control e a reacción ante emerxencias”.

No que respecta ao persoal laboral critican tamén a subcontratación a empresas externas como TRAGSA, que encarece o servizo e xera un risco inaceptable para a poboación. Así mesmo, din ter denunciado dende hai anos a falta de persoal en Vilasouto ao haber unha praza vacante de técnico que leva anos sen cubrirse, e considerando esta cuestión “unha mala xestión deliberada por parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil”.

FALTA DE INVESTIMENTO E SISTEMA HIDRÁULICO ENVELLECIDO

CSIF refire “décadas de abandono, falta de investimento e privatización encuberta de servizos estratéxicos do Estado. Os técnicos e operadores traballan en condicións de sobrecarga e responsabilidade extrema, sostendo un sistema hidráulico envellecido sen recursos suficientes”.

Alertan ademais de que esta situación concreta de Vilasouto é extensible ao conxunto de infraestruturas hidráulicas do país e que, segundo datos técnicos do propio MITECO, “reflicte unha realidade preocupante: 375 presas estatais presentan deficiencias, unha de cada tres necesita reforzos estruturais urxentes, o 65 % require renovación de sistemas de auscultación e vixilancia, o 50 % necesita rehabilitar os desaugadoiros de fondo, o 75 % carece de plans de emerxencia implantados, 147 presas tipo A están infradotadas de persoal para cumprir coas normas de explotación e o 95 % carece do persoal necesario para situacións de emerxencia e quendas de 24 horas”.

Ante esta situación, e no contexto climatolóxico actual de temporais atlánticos e borrascas consecutivas que deixaron precipitacións moi por enriba do habitual en Galicia, o sindicato esixe unha reunión urxente coa ministra para a Transición Ecolóxica para abordar a situación e tomar medidas inmediatas. De non activar solucións que garantan a dotación de persoal e a seguridade, dende a Central Sindical avisan que“iniciarán un calendario de mobilizacións para defender a seguridade das presas e a dignidade profesional dos empregados públicos que as sosteñen”.

ÚLTIMAS

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...

Proxección e coloquio no Ateneo Casino monfortino

O Cine Clube do Casino Ateneo convida a unha nova proxección audiovisual de balde....