HomeMovementos sociaisFirma do convenio de Paradores

Firma do convenio de Paradores

Dende CC.OO. valoran positivamente este novo convenio por tres anos e de forma especial o traballo da sección sindical do Parador de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

O responsable de CC.OO. de Paradores en Galicia, Jorge Carneiro, xunto coa Secretaría de Acción Sindical de CC.OO. Lugo informaron a todos os delegados/as da firma do novo Convenio de Paradores de España cunha vixencia por tres anos, do ano 2018 ao 2020. O devandito convenio terá efectos retroactivos dende o día 1 de xaneiro de 2018 co cal os traballadores e traballadoras terán dereito a cobrar os atrasos correspondentes.

Desde o sindicato entenden que se trata dun bo acordo, pendente xa desde o ano 2012, e que grazas a el se recuperarán dereitos que se tiñan perdidos cando empezou a crise económica.

Reunión dos delegados para dar conta da firma do convenio / XdL

No relativo aos dereitos e melloras que se aseguran para estes tres anos -2018,2019 e 2020- son unha subida salarial dun 6,90%, un plan de pensións, bolsas escolares, premios á natalidade, créditos a traballadores e a recuperación do complemento de incapacidade temporal do 100% do salario.

A secretaría de acción sindical valora de forma especial o traballo da sección sindical do Parador de Monforte de Lemos, pois pasaron en dous anos de non ter case afiliación a tela nun 60% da plantilla. Na actualidade contan con 18 afiliados/as.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...