A morte, a vida e a arte
A morte ten unha clara relación coa vida e tamén coa arte. Moitas manifestacións artísticas relevantes en diferentes culturas e en diferentes épocas teñen carácter funerario. Neste sentido, en Galicia podemos citar os grandes monumentos megalíticos, as estelas romanas, as estelas funerarias paleocristiás, os sartegos antropomorfos pétreos da época altomedieval, os monumentos funerarios da baixa idade media e da época moderna e tamén os monumentos funerarios da época contemporánea.
ARTE FUNERARIA NA TERRA DE LEMOS E NALGUNHAS TERRAS LINDEIRAS AO LONGO DOS TEMPOS: PEQUENOS APUNTAMENTOS
Na Terra de Lemos, parte importante da Ribeira Sacra, hai manifestacións artísticas sobranceiras de carácter funerario. Ocupámonos a continuación soamente dalgunhas delas.
Prehistoria: hai constancia de abundantes monumentos funerarios megalíticos por exemplo no monte de Tor en terras do actual concello de Monforte, pero tamén noutros concellos da comarca como o dolmen de Abuime, en Abuime (O Saviñao), ou a Necrópole do Monte da Morá entre os concellos de Pantón e O Saviñao.
Antigüidade: no tocante á antigüidade Germán Vázquez no capítulo da súa Historia de Monforte e a súa terra de Lemos titulado “La Tierra de Lemos en los fastos de la Roma imperial” sinala:
“En la iglesia parroquial de San Vicente de los Castillones o dos Castillós, en Pantón, construída sobre ruínas romanas según Ceán Bermúdez, se encontró una hermosa lápida funeraria de mármol“ cunha inscrición que Ferro Couselo traduciu “Consagrado a los dioses manes Pompeyo Lúpulo a Valeria Florina, de 23 años, su queridísima esposa”.
Alta idade media: en relación á alta idade media son ben coñecidos os numerosos sepulcros antropomorfos do mosteiro de S. Pedro de Rocas en Esgos (Ourense), un dos grandes monumentos da Ribeira Sacra. Tamén hai sepulcros deste tipo en Fornas (Chantada) ou no Preguntoiro (Pombeiro, Pantón).
Baixa idade media: á baixa idade media pertencen dous sepulcros que se atopan na igrexa do mosteiro de S. Pedro de Rocas, pero cómpre destacar especialmente os magníficos sepulcros de Diego de Lemos e doutro membro dos López de Lemos, señores de Ferreira e de Sober, que se atopan na fermosísima igrexa románica do mosteiro de santa María de Ferreira de Pantón habitado polas monxas bernardas.
Tamén noutras das numerosas igrexas da Ribeira Sacra atópanse monumentos de grande interese, nalgúns casos xa de época moderna, como o sepulcro de Rodrigo López de Quiroga na igrexa románica de S. Fiz de Cangas en Pantón.
UN ESPAZO PARA A MEMORIA E UNHA TENRA HISTORIA
O CEMITERIO DE MONFORTE DE LEMOS, ESPAZO PARA A MEMORIA
O cemiterio está configurado por espazos onde repousan os restos dos falecidos, pero son espazos tamén da memoria. É o lugar para a lembranza dos finados a nivel íntimo e familiar, pero é tamén lugar para a lembranza colectiva. Lembranza colectiva das xentes que estiveron relacionadas, como as xentes do presente, con Monforte, antepasadas a nós ou contemporáneas.
“É o lugar para a lembranza dos finados a nivel íntimo e familiar, pero é tamén lugar para a lembranza colectiva”
Xentes máis anónimas ou menos, pero xentes que merecen lembrarse porque o patrimonio dunha terra non só é o artístico, o arqueolóxico ou o inmaterial, tamén é o humano.
Son xentes que deixaron pegadas intensas ‘nos seus’ -os seus familiares-, pero tamén en ‘todos nós’, os seus conveciños.

É importante e grato que os familiares compartan connosco, a través das inscricións das lápidas e dos fermosos epitafios nalgunhas ocasións, as lembranzas; que compartan os nomes, os apelidos e algunhas coordenadas vitais dos devanceiros.
“O Cemiterio Municipal é pois tamén sentimento, lembranza, memoria agradecida e colectiva para os que repousan nel”
O Cemiterio Municipal é pois tamén sentimento, lembranza, memoria agradecida e colectiva para os que repousan nel. O cemiterio é memoria e historia, unha páxina moi salientable da historia monfortina contemporánea dende 1903 ata a actualidade.
Nel repousan escritores, artistas, persoas con actividade pública e outras xentes máis anónimas, pero que seguramente tamén tiveron as súas grandezas. É importante que todas e todos estean na memoria da poboación local e do concello. Canta historia e cantas historias se atopan no cemiterio coas xentes que repousan nel! Algunhas destas historias son coñecidas, outras máis anónimas, e tamén as hai moi tenras.
UNHA TENRA HISTORIA RELACIONADA CO CEMITERIO MUNICIPAL DE MONFORTE DE LEMOS
Entre esas historias tenras podemos lembrar a que do “can do Ledo”, famoso poeta oral local, conta Hermida Balado no seu libro Lemos:
“El Ledo (…) tenía un perro de lanas al que cuidaba con suprema ternura. Un perro pequeño y blanco, listo como su propia hambre, que le seguía a todas partes, bien que nunca tan famélico como su amo, pues condumio que el Ledo podía honrosamente procurarse iba a la boca del can antes que a la suya. El chucho, comiera o no, con tal de acompañar a su dueño siempre movía de alborozo el bulloncito lanudo de su rabo trunco.
Los horneros abandonaban el horno a las primeras horas del día y no volvían hasta las primeras de la noche. El Ledo se quedaba durmiendo. Una tarde los horneros encontraron muerto al Ledo sobre las giniestas. El perro aullaba -gemía- lamiéndole las manos y cara. Una voz de ayuda al entierro del muerto corrió dolorida por el pueblo. Y así tuvo galas fúnebres de rico quien hiciera todo lo posible por no serlo.
Faltó el perro. Compasivamente los horneros lo habían separado a viva fuerza del cadáver y atado a un cepo. Pasados días supusieron que habría olvidado y le soltaron. El perro se las amañó y escapó. El Secanse, sepulturero del cementerio municipal, lo descubrió estirado sobre la fosa del Ledo. Ya nadie consiguió tocarle. Cuando alguien lo pretendía, el perro echaba a correr entre tumbas y arbustos hasta que, persuadido de que había cesado el acoso volvía a su sitio y a su invariable postura.
El Secanse le arrojaba alimento a distancia, pero el perro lo despreciaba. Hasta que también murió. El Secanse profundizó unas paletadas en la tierra de la sepultura del Ledo y, conservando la postura del chucho, lo enterró sobre su amo”.