HomeDeportesIníciase novo procedemento de contratación do equipamento do ximnasio da Pinguela

Iníciase novo procedemento de contratación do equipamento do ximnasio da Pinguela

O Concello inicia un novo procedemento para contratar a adquisición de material e equipamento deportivo para o Ximnasio da Pinguela, integrado nas recentemente renovadas instalacións da Piscina Municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno aprobou esta semana, o expediente negociado e sen publicidade para axilizar a contratación, despois de que a licitación previa quedase deserta. Precisamente, o Tribunal Administrativo de Recursos Contractuais da Deputación Provincial de Lugo, o TARCLU, ven de resolver sendas alegacións presentadas por dúas empresas contra o acordo da Xunta de Goberno do Concello de Monforte con data do 25 de agosto de 2025, que declaraba deserto o contrato de subministro para o Ximnasio.

Con data deste luns, 3 de novembro de 2025, a resolución do Tribunal declara “axustada a Dereito a decisión adoptada polo Concello de Monforte de Lemos de declarar deserto o contrato de subministro” e desestima o recurso interposto por ambas entidades. No primeiro dos casos, o TARCLU ratifica que a empresa non presentou a documentación correspondente na mesa 2, que ten por obxecto valorar a “memoria técnica” requerida, e polo tanto, foi “correctamente” excluída.

No segundo caso, a documentación técnica aportada pola entidade aspirante non cumpría as características esixidas por unha memoria técnica en canto á aportación dun documento independente que conteña a información, prestacións e funcionalidade dos equipos presentados. Un documento, sinal o Tribunal, “que, en ningún caso, podemos entender que poida ser substituído polas fichas técnicas aportadas pola recurrente”.

En todo caso, a resolución engade ao respecto desta segunda proposta, que “os equipos propostos pola licitadora non cumpren as condicións requeridas no Prego de Prescripcións Técnicas”. Con todo, a resolución deste recurso deixa vía libre ao novo procedemento de contratación, neste caso negociado sen publicidade, por un importe de 135.213,76 euros, o mesmo que serviu de base na licitación que resultou deserta.

ÚLTIMAS

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...

O Multiusos de Monforte acolle este 12 de novembro a representación de “A Metamorfose”

O teatro regresa este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 horas, ao Edificio Multiusos...