HomeOpiniónComo estamos vivindo?

Como estamos vivindo?

Nestes días convulsos vemos por moitos lugares, próximos e non tan próximos, a multitudes de persoas pedindo a independencia, pensións xustas e garantidas, o dereito á saúde, á educación, á auga e un longo etcétera que lembra tempos pasados non tan afastados.

Publicado o

POR
Manuel Díaz Ares, Terapeuta Reiki
- Advertisement -

Tamén vemos moita violencia gratuíta, por parte de uniformados e non uniformados. Violencia que deixa ver un problema de fondo moi estendido: as frustracións persoais dunha sociedade que proclama o individualismo por encima de todas as cousas…e tamén das persoas.

O que xera unha tola carreira polo ser e o ter, ser e ter máis que os demais. E na base de toda frustración subxace o desmerecemento. Desmerecemento ancorado na mente xa desde nenos, onde poucos se salvan do “mira ao teu irmán que ben o fai”, quen di irmán di irmá, primo, curmá, veciño, veciña e así un longo etcétera de exemplos para afundir a nosa autoestima que exercen os nosos pais, parentes próximos e educadores en maior ou menor medida.

Pero ollo, non nos confundamos, os nosos pais e demais parentes non son culpables do noso desmerecemento, son vítimas das súas frustracións e nós victimas da súa impotencia ante o súa propio desmerecemento. Así que o desmerecemento xera frustracións que á súa vez nos xeran tensión mental, tensión mental que explota á mínima faísca de sentir atacado o noso ego.

Cando forzamos mentalmente o ser boas persoas, o perdoar aos que nos ofenden, entón estamos a encher o vaso que se ve desbordado só por unha pinga. Non sería preferible manter o vaso baleiro? Buscamos culpables do que nos pasa, e cando cremos que os atopamos, arremetemos con toda furia contra eles.

Barcelona / tourinews.es

Toda esa violencia de balde que estamos a ver estes días, está xerada por ese desmerecemento que fai que nos queiramos poñer por encima dos demais para así exaltar un ego que durante os anos da infancia e a mocidade foi reprimido, facendo de nós persoas que van pola vida sempre en garda. Capaces de matar o mensaxeiro antes de que entregue a mensaxe. Defendemos con inusitado fervor ideas cuxo contido descoñecemos case por completo. E queimamos na fogueira a quen as nega.

O desmerecemento fai que o noso ego se defenda do que descoñece atacándoo, ás veces despiadadamente, negándoo por non aparecer como ignorante. Esa é a peor ignorancia, a que está convencida de que non existe.

E o propio Sistema é coñecedor de como funciona isto. Así que o seu esforzo é manter esa ignorancia convencida de que non existe con mil e unha distraccións, o “pan e circo” dos romanos, así vemos como hai retransmisións televisadas de partidos de fútbol case todos os días da semana, e os programas de descuartizamento sentimental multiplícanse nas diferentes canles de TV.

O propio desmerecemento mantennos na ignorancia, impedindo que nos liberemos de dogmas e condicionamentos mentais, permanecendo nun cárcere cuxos barrotes son eses mesmos condicionamentos. Así somos manexados como rabaño consumidor de todo aquilo co que se nos convence que nos vai a dar status social, o automóbil, a casa, roupa de marca, o teléfono máis caro…

ÚLTIMAS

Un novo cineclub en Monforte reforzará a oferta audiovisual e cultural da cidade

As proxeccións terán lugar todos os venres ás 20.00h no Ateneo Casino de Monforte...

Taller de Subvencións para Emprender e para Empresas Galegas, o 28 de xaneiro online

Durante o taller daranse a coñecer a subvencións para promover e apoiar ás persoas...

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da...

Sarria presenta a 18ª edición da Festa do Cocido do Porco Celta

O Concello de Sarria vén de presentar unha nova edición do seu evento estrela...