HomeOpiniónAcadaremos a masa crítica necesaria para o cambio que o ser humano...

Acadaremos a masa crítica necesaria para o cambio que o ser humano necesita?

Sobre a imbecilidade humana ou como a propia humanidade se autofagocita a si mesma.

Publicado o

POR
Manuel Díaz Ares, Terapeuta Reiki
- Advertisement -

O ser humano é o máis perigoso que existe na face da Terra para calquera ser vivente, tanto do reino animal como do vexetal. É o depredador máis feroz e destrutivo que poboa o Planeta Terra. O ser humano é un feixe irrecuperable de contradicións abocado á auto extinción. Capaz de cometer as maiores atrocidades en nome de ideoloxías que o queren idiota.

A Historia da humanidade está infestada de multitude de feitos máis que vergoñosos que confirman isto. Mesmo nas escrituras sacras dalgunhas relixións organizadas menciónase algo tan simple pero á vez tan importante que pola súa propia simpleza descártase: “a verdade faravos libres”. Xa comprobamos como as relixións organizadas mantiveron idiotizados aos seus seguidores e crentes para que non tentasen chegar a coñecer a verdade.

Convenientemente, os máis espabilados e vividores a conta dos demais, souberon potenciar todo aquilo que, servíndolles a eles, mantiña idiota á humanidade. Xa fai máis de dous mil anos os romanos chamáronlle “pan e circo”, algo que aínda seguen utilizando as clases dominantes para manter á humanidade emboubada e servil a un sistema consumista que os consome.

CIUP: Área de Humanidades / up.edu.pe

Aqueles pioneiros do ecoloxismo que na década dos setenta, do século pasado, xa puxeron o berro no ceo denunciando os excesos da humanidade, foron tachados de tolos e conspiranoicos por unha masa de humanos que xa empezaban a ser idiotizados naquela época de cambios convulsos convenientemente integrados polo sistema.

Manter á humanidade ignorante e idiotizada, para o poder foi bastante fácil ao empregar crenzas dogmáticas baseadas no culto á tortura e o pecado. E se algún se saía da norma á fogueira! O ser humano é fráxil e de mente facilmente manipulable. Capaz ata de matar aos seus semellantes seguindo estúpidas ordes no nome de bandeiras ou credos. Ou sexa, maioritariamente imbécil.

Ventos de cambios están a chegar en todo o Planeta, os Pobos sometidos comezan a espertar, mesmo na “avanzada” Europa. Estaremos a comezar a alcanzar a masa crítica necesaria para o cambio que o ser humano necesita?

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Adeus ao Anchoas. Ou de como a legalidade se impuxo á nostalxia da memoria colectiva

Hai poucos días acudín a un convite no Pazo de Tor, organizado polos responsables...

En marcha os Trens Turísticos da Ribeira Sacra que funcionarán ata outubro

Renfe retomou este sábado as viaxes máis singulares por Galicia cos Trens Turísticos Xunto...

O luns, 8 de xuño, ábrese o prazo de matrícula para os Campamentos Deportivos de Verán en Monforte

O concello de Monforte publicou esta semana as listas de persoas admitidas nas actividades...

O BNG solicita revisar a autorización de Patrimonio para a nova ponte do Cabe

Segundo explicou o deputado do BNG, Iago Suárez Fernández, o proxecto previsto suporía unha...