HomeOpiniónDiario da desescalada: Mestura de sensacións e incerteza

Diario da desescalada: Mestura de sensacións e incerteza

Particularmente a normalidade non se me antoxa nada interesante e a nova normalidade tampouco. Parece que se trata de non saír nunca da zona de confort ou de non querer evolucionar ou cambiar, e preséntase a nova normalidade como unha opción para dar tranquilidade á cidadanía. 

Publicado o

- Advertisement -

Isto de ir desescalando ten o seu aquel, cando antes non escalamos. A desescalada vainos liberando pouco a pouco do encerro e por momentos dá esa falsa sensación de liberdade. Liberdade para camiñar cara a nova normalidade. Máis dunha persoa díxome que botaba en falta o confinamento e nalgúns momentos non me sorprende.

O coronavirus está sendo unha lección constante de humildade que non parece que queiramos entender. A sociedade busca respostas e solucións inmediatas para seguir facendo o que facía e tal como o facía. Quérese volver á normalidade, pero seguimos sabendo pouco da COVID19, porque cada día se transmite dunha maneira distinta, cada día desdise o que se dixo a semana anterior e espérase con estrés unha vacina como única solución para sentir que xa non hai perigo. A vacina sería a garantía total nunha sociedade que sempre quere garantías e solucións que lle veñan dadas. E aí debería de estar a OMS, organismo que ensina cada día a súa incapacidade e que precisa dunha reinvención urxente que demostre en que se invirten os cartos neste mundo.

Proba de COVID19 | ALX

V os visitantes, todos os días en carteleira

Na provincia de Lugo os datos de evolución da COVID19 parecen bastante esperanzadores, cada día mellora a situación, segundo os datos oficiais. Pero estamos desescalando e acontecen cousas. Cada día a situación pode cambiar e chegará o final da fase 3 e haberá mobilidade entre provincias e faranse esforzos para que en xullo e agosto o turismo funcione e virán os visitantes.

Eses visitantes que non sei como, pero seguiron chegando a Galicia, ás súas segundas residencias (e ás segundas residencias doutras comunidades). Se vives nunha cidade tes ganas de fuxir, é comprensible; pero non fai ningunha gracia. A ver se neste mundo acostumados ao enfrontamento, ás divisións e ao conflito imos terminar divididos entre os “estresados” habitantes das cidades e os “relaxados” habitantes dos núcleos de segundas residencias.

Nova normalidade versus incerteza

Particularmente a normalidade non se me antoxa nada interesante e a nova normalidade tampouco. Parece que se trata de non saír nunca da zona de confort ou de non querer evolucionar ou cambiar, e preséntase a nova normalidade como unha opción para dar tranquilidade á cidadanía. 

Monforte / XdL

O tempo de reflexión non acabou, o confinamento foi un adestramento para o que queda por vir. Pandemocracia é o último traballo do filófoso español, Daniel Innerarity. Un libro escrito durante o confinamento que reflexiona sobre a incidencia do coronavirus nas distintas sociedades e fai unha aproximación ao futuro. “Acabáronse as certezas e entramos nun mundo de incertezas. O pasado serviranos cada vez menos para entender o que pasa polo que debemos de utilizar a intelixencia e a vontade para revisar a nosa escala de valores. Resistímonos a entender que imos cara un novo mundo, asegura o autor. Parece entón que o de nova normalidade se queda curto e anódino.

[ Esta peza forma parte dun ‘Diario de corentena’  —agora Diario de desescalada— que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos ]

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...