HomeOpiniónAsí viviamos hai un ano a pandemia: Que pasa cos nenos?

Así viviamos hai un ano a pandemia: Que pasa cos nenos?

Alguén pensou nos nenos? Que pensarán cando ven desde o balcón que os cans poden saír a pasear e eles non?

Publicado o

POR
Manuel Díaz Ares
- Advertisement -

Diario de Corentena do 14 de abril do 2020:

Durante as semanas de confinamento obrigatorio que pasamos, e as que faltan, tivemos tempo para meditar amplamente sobre a situación, a nosa e a do mundo externo. En realidade moito tempo non, xa que a ansia por “ver” como está a situación do país, a moitos fainos estar ancorados durante horas fronte ao televisor, coa pausa ás 20 h. para saír aplaudir.

O encerramento forzoso presenta complicacións adicionais. Que pasa cos nenos? Alguén pensou nos nenos? ademais de poñerlles tarefas escolares e moitos debuxos e series televisivas? Témolos “enganchados” ás pantallas durante horas e horas. Cando isto acabe os oftalmólogos terán moito traballo. Alguén pensou na necesidade dos nenos de estar en movemento? De respirar aire puro, de tomar o sol? Vistes a un neno sentado nunha cadeira movendo as pernas constantemente? Os nenos necesitan mover a enerxía, son puras fontes enerxéticas, se lles negamos que a movan acabarán enfermando. E de feito xa empezan a facelo.

QUE PENSARÁN CANDO VEN DESDE O BALCÓN QUE OS CANS PODEN SAÍR A PASEAR E ELES NON?

Que pensarán cando ven desde o balcón que os cans poden saír pasear e eles non? Noutros países cun nivel de conciencia social bastante máis elevado que o noso, aconséllase saír a pasear, en solitario. Se aquí permítese aos adultos sacar a pasear aos cans para facer as súas necesidades, debería de permitirse sacar aos nenos para mover a súa enerxía, a soltar os bloqueos aos que os condena o illamento.

Día da Biblioteca / Concello de Bóveda

Si, vale, xa sei que se o permiten aquí enseguida formaranse grupos de “murmuración” coa escusa de sacar ao neno a que lle dea o aire. Non temos unha solución coherente, polo menos a curto prazo.

Agora resulta que os denostados habitantes do campo, das aldeas, son os máis afortunados porque teñen a liberdade de saír de casa, aínda que sexa ao seu xardín, ou á súa horta, ou a pasear ás vacas. No campo non hai aglomeracións, hai aire puro, e agora máis que nunca. Ata se nota a pandemia do medo nos hospitais, onde hai menos xente en urxencias que nunca. Será que non serían urxentes? En todo caso é importante organizarse un horario coherente, agora temos a oportunidade de poder facer aquilo que sempre desexamos facer na casa e que por “falta de tempo” non conseguiamos facer. Non podemos ir a clases de ioga, pero hai titoriais e profesores de ioga organizando grupos en liña. Utilicemos con sabedoría a tecnoloxía ao noso alcance. Pero sobre todo que nos quede claro a todos que unha boa organización é a base do éxito de calquera cousa que se pretenda levar a bo termo.

ÚLTIMAS

“Eu sempre teño a porta aberta”, Javier Monterde, avogado na Pobra do Brollón

Javier Monterde Piguillen naceu en Barcelona, no barrio da Sagrada Familia, e o seu...

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...