HomeOpiniónRapazas e rapaces, o noso vento non é noso II: A farsa...

Rapazas e rapaces, o noso vento non é noso II: A farsa (1995-2007)

Fun á taberna do meu compadre, fun polo vento e vin polo aire. E como cousa de encantamento, fun polo aire e vin polo vento.

Publicado o

POR
Antom Fente Parada
- Advertisement -

De 1995 a 2007 as concesións a empresas galegas non chegaban ao 15% da potencia autorizada, pois foron enormes grupos transnacionais os que se fixeron coa maior parte das concesións eólicas: Entrecanales (34%), Iberdrola (20%), Enel (12.5%), ACS de Florentino Pérez (7.5%) e FCC (4.5%). A maior parte invadían montes viciñais en man común e o 39% estaban en espazos naturais protexidos, como o noso pai Faro. Os impactos ambientais e sociais eran “externalidades”.

Por outras palabras, cinco grupos absorberon 78.5% da potencia autorizada neses anos sen deixar nada ou case nada nos territorios atinxidos. Se non acreditan no que lles digo lean A propiedade do vento galego. O desenvolvemento do sector eólico en Galiza (1995-2011) de Rosa María Regueiro.

Porén, no país do Faro sabémolo ben. O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza anulou a declaración de utilidade pública, que aprobara o Goberno de Manuel Fraga no 2003, para expropriar o monte na parroquia de Argozón, pois os maxistrados cuestionaban que a exploración eléctrica por parte de Enerfín fose de maior interese social que o aproveitamento secular que lle deu a viciñanza ao monte co pastoreo en extensivo e do negocio da madeira. No entanto, a “utilidade pública” é o recurso das empresas para chantaxear ós proprietarios: ou aceitas as migallas ou exprópiese!

Por aqueles anos, chegaba a Chantada tamén un goberno bipartito de PSOE e BNG que, coma o de Compostela, durou apenas catro anos. Suficientes, para retratar que “negociación” estabelecera anteriormente o Goberno de Manuel Varela (PP) do parque eólico do Faro. Se co PP no Concello a empresa Enerfín pagara pola licenza de construción do parque 174.000€ coa revisión aplicada polo bipartito foron 450.000€. «Case cinco veces máis!», como me relatara o amigo Ildefonso Piñeiro, tenente de alcalde naquela altura. Era 2008. Ao ano seguinte os investimentos reais superaron os dous millóns de euros.

ÚLTIMAS

“Eu sempre teño a porta aberta”, Javier Monterde, avogado na Pobra do Brollón

Javier Monterde Piguillen naceu en Barcelona, no barrio da Sagrada Familia, e o seu...

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...