HomeOpiniónOPINIÓN: "Referentes"

OPINIÓN: “Referentes”

O noso ecoloxista de cabeceira e gran divulgador do Courel, Guillermo Díaz, fálanos dun dos seus 'referentes', Orlando Álvarez.

Publicado o

POR
Guillermo Díaz Aira
- Advertisement -

Nunca ninguén foi profeta na súa terra agás contadas excepcións, pero hai xente que realmente merece a pena coñecer e respectar nas nosas montañas do Courel. Esa persoa é un bo amigo do cal aprendín unha grandísima parte de todo aquilo que sei da serra, das súas xentes, das historias de onte e hoxe, de recunchos segredos; unha persoa que dedica a súa vida a protexer, difundir e coidar o Courel, aquel ao que todos coñecemos por Orlando, tanto que cando vas fóra destas montañas hai veces en que Orlando e Courel van xuntos inseparablemente na mesma frase.

“Unha persoa que dedica a súa vida a protexer, difundir e coidar o Courel, aquel ao que todos coñecemos por Orlando”

Unha persoa moitas veces inxustamente atacada por defender a terra onde naceu, porque loita para que a xente veña, porque non se cala cando ten que dicir verdades coma puños ou ás veces tan grandes coma estas montañas, porque diante de todo pon a paixón por evitar que estes recunchos queden esquecidos e perdidos. Porque nos abre novos camiños e volta a pór no mapa moitos recunchos que sen el estarían perdidos para sempre, porque fai un traballo desinteresado onde inviste vida e saúde. 

Comparto con el a idea de que o Courel necesita xente para non caer no esquecemento, que a conservación está ben pero que en todo hai un equilibrio que permite medrar a Courel, que o turismo se converta na forma de vida da xente, que non morran as aldeas e sobre todo que aprendamos que aínda hai unha infinidade de sitios que ten que ensinarnos, de pedras, castros, minas e lendas que el vai recollendo para o goce de todos nós e de todos aqueles que nos visitan.

No Courel e en todo o territorio precisamos moitos Orlandos, máis ben, creo que en toda Galicia fan falla miles de Orlandos que loiten pola nosa terra antes de que os que antepoñen os cartos e os beneficios nos deixen a Galicia  asoballada e sen futuro para os que virán despois de nós.

“No Courel e en todo o territorio precisamos moitos Orlandos, máis ben, creo que en toda Galicia fan falla miles de Orlandos que loiten pola nosa terra”

Esperamos que nos amose o Courel cos seus ollos, porque para min é o único xeito de entender e amar esta terra. Lembro a primeira vez que me levou á Fonte Branca e podo asegurarvos que esa é a forma de ensinar estas montañas, eu simplemente tento parecerme o máis posible ó mestre.

ÚLTIMAS

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...