HomeOpiniónOpinión: A inocencia d@s nen@s secuestrada

Opinión: A inocencia d@s nen@s secuestrada

E aquí estamos os adultos, tentando liberarnos de todos os condicionamentos e limitacións que nos impiden VIVIR e SENTIR. Así que estamos a facer un dobre traballo innecesario. Primeiro bloqueamos a enerxía nos nenos e despois, de adultos buscamos liberarnos do bloqueo.

Publicado o

POR
Manuel Díaz Ares, Terapeuta Psicoreiki
- Advertisement -

Todos coñecemos a inocencia dos nenos, de como din e fan o que pensan e cren no que lles din os adultos. Posiblemente algúns teñades conciencia dalgúns feitos da vosa infancia, onde aos adultos non lles gustaba que fósedes naturais. Aqueles “non fagas iso” “está quieto” e tantos máis que reprimiron a vosa liberdade e inocencia infantil. Que foi daquela inocencia? Aquela enerxía inesgotable que vos facía enfrontalo todo sen cuestionalo. Onde foi? Permanece secuestrada por unha montaña de condicionamentos inculcados desde as frustracións dos vosos pais e demais parentes cos que convivistes. Está aí, no profundo, e de cando en vez un sopro de liberdade xerado por sensacións físicas ou mentais, faia emerxer esporadicamente.

Algúns rebelastesvos ante as imposicións dos adultos, sufrindo aínda máis ataques por aqueles cuxas frustracións lles impedían recoñecervos como seres libres. Pero a Inocencia está aí, segue aí, pugnando por emerxer de entre eses condicionamentos que a manteñen encarcerada. Sentes a enerxía dos nenos cando están a xogar? Non? Entón déixalles xogar e observa sen xulgar. Os nenos, xa desde a concepción son auténticas canles de Enerxía, sempre en movemento, canalizan moita enerxía. A medida que van crecendo, os adultos coartámoslles esa naturalidade innata para canalizar enerxía, só porque nós xa perdemos a capacidade de canalizala e non entendemos que estean sempre en movemento. O que conseguimos coa nosa actitude é bloquearlles a circulación da enerxía, xerando neles múltiples bloqueos a todos os niveis, físico, emocional…Despois, a falta de seguridade en si mesmos convérteos/as en mozos/as facilmente dirixibles polas ofertas de “liberación” que lles dá a sociedade consumista, caendo en trampas das cales se fai difícil saír, como o alcol, tabaco, drogas, xogos, sexo sen control… Convértense no que as súas limitacións e condicionamentos xerados polo bloqueo da enerxía provócalles.

E aquí estamos os adultos, tentando liberarnos de todos os condicionamentos e limitacións que nos impiden VIVIR e SENTIR. Así que estamos a facer un dobre traballo innecesario. Primeiro bloqueamos a enerxía nos nenos e despois, de adultos buscamos liberarnos do bloqueo.

“Deixade que os nenos se acheguen a min”

“Deixade que os nenos se acheguen a min” Sóache? Pois iso, deixa que xoguen, que liberen a súa enerxía. E de paso xoga con eles, sen xulgalos, como un máis. E goza da enerxía, é bo para ti e para eles.” Os anos de condicionamentos acumulándose, forxáronvos un ego ditatorial para convosco mesmos e os que vos rodean. Ese carceleiro chamado ego que vos mantén encerrados nas gaiolas formadas polos condicionamentos, agora chamada zona de confort, que de confort pouco ou nada ten.

Algúns peregrinan na procura da súa liberdade percorrendo seminarios e lendo libros de sanación espiritual, que poucas ou ningunha ferramenta danlles, mais ben lles manteñen nun delicado limbo que acaba estalando polo exceso de tensión mental que realizan tentando “estar ben”.

Estar ben? E iso que é? Canto dura ese “estar ben”? Dinnos que se queremos recibir amor debemos dar amor, pero sabemos o que é o amor? Como imos dar o que non sabemos como é? En todo caso estaremos a dar esperando recibir, de maneira que xa estamos a condicionar o que esperamos. Recuperar a inocencia infantil, aquela que nos faga ver a realidade sen xulgala, require de constancia na utilización das ferramentas que nos liberan dos condicionamentos, pero é un traballo propio, de cada un. Non hai varitas máxicas, só o noso propio traballo en nós mesmos liberará á inocencia infantil, que non é máis que a nosa Mestra Interior, a nosa Alma ou Espírito, como queirades chamarlle. A Felicidade xa está en nós, non é unha procura cara a fóra, é un re-encontro.

Nen@s xogando

ÚLTIMAS

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...