HomeOpiniónOpinión: Decisións que molestan

Opinión: Decisións que molestan

"O máis importante é que hai que tomar decisións políticas que serán impopulares a curto prazo pero que a medio/longo serán a salvación do noso territorio"...

Publicado o

POR
Guillermo Díaz Aira
- Advertisement -

Ás veces teño a sensación de que no noso territorio non hai valentía para tomar decisións importantes. O territorio do Xeoparque das Montañas do Courel precisa neste momento a toma de iniciativas que a curto prazo poderían ser molestas ou provocar o rexeitamento por parte dunha ampla porcentaxe da poboación; pero creo que o momento xa chegou. É o tempo de arriscar ou morrer; xa sabemos que os te quitan e te poñen son os votantes e hai cousas que só se verán a longo prazo pero os habitantes deste territorio e as empresas necesitamos xa.

“É o tempo de arriscar ou morrer”

Fai falla un cambio radical no coidado dos nosos montes, as políticas forestais  están erradas e non hai valor a darlle un cambio. A nosa paisaxe non aguantará máis golpes e volvo a repetir, as accións para paliar os lumes, as sacas de madeira e as pistas infinitas fan moito máis dano que o propio lume. Vemos traídas de auga colapsadas, estradas que caen, ríos enlodados, pistas imposibles e iso ten un claro responsable ou responsables que son os “intelixentes” que aplican técnicas que non son aptas para as nosas montañas e aqueles que as autorizan e contratan, esquecía tamén, aqueles actores locais  que as consenten.

Fai falla plantarse ante o desastre nas comunicacións dixitais dignas de calquera aldea do terceiro mundo, perdas de conexión, baixa velocidade, malas coberturas. Iso imposibilita o traballo das empresas e do turismo. Como podes atender a teus clientes se non hai cobertura, como podes ler un email ou ver a banca online. E isto tamén é responsabilidade dos que mandan de non lexislar como debe ser.

Fai falla comezar a pensar no urbanismo, na rehabilitación das aldeas, de cambiar moitas cousas que son hostias nos ollos dos nosos visitantes, todo iso que no resto do estado non vemos aquí xa o temos asimilado e iso non se pode consentir.

Fai falla arranxar as estradas non facendo autopistas senón facendo as cousas con sentidiño, vemos estes días como a vía de Quiroga a Folgoso cae por todos lados como sempre que chove, tramos que se ve que van a fundirse en breve e que nos vaticina o que vai acontecer cando se arranxe o tramo Seoane  a Folgoso onde os derrubes estarán a orde do día.

LU-651 Folgoso-Seoane / Cedida CTP

Fai falla ter un plan turístico para o Xeoparque porque non por encher todo de miradoiros, esa gran moda na Ribeira sacra, vai vir máis xente. As rutas deben estar limpas  e sinalizadas e non ter moitas pero a monte. Fai falla un plan de rehabilitación de castros, non todos pero uns poucos si, a minería romana no Courel ten grandísimos exemplos invisitables. Temos un acueducto entre Romeor e Torubio que sería recuperable para camiñar, por exemplo.

Fai falla profesionalizar dunha vez ós axentes turísticos, promocionar as empresas de produtos locais, crear unha imaxe de marca, fan falla tantas cousas que se nos poñemos a pedir botamos tres anos.

Pero o máis importante é que hai que tomar decisións políticas que serán impopulares a curto prazo pero que a medio/longo serán a salvación do noso territorio, como por exemplo un Parque Natural, eliminar pirófitas, protexer (de verdade) a paisaxe, facer o territorio atractivo para que veña xente e os de aquí non marchen. Pero ás veces resulta máis doado poñer churrasco e viño gratis que se sacan máis votos, e no mundo as cousas non funcionan así.

“o máis importante é que hai que tomar decisións políticas que serán impopulares a curto prazo pero que a medio/longo serán a salvación do noso territorio”

ÚLTIMAS

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...

O Xeoparque programa unha actividade que inclúe sendeirismo, visitas guiadas e degustacións gastronómicas

Este sábado 23 de novembro está programada a terceira actividade do 'Ciclo Outono Xeolóxico'...

Comezan as obras para rematar o paseo fluvial entre a Ponte Nova e a Gardaría Municipal de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este mércores un novo proxecto de...