HomeOpiniónCrónica do primeiro encontro 'Slam Poetry Bóveda' da 2ª tempada

Crónica do primeiro encontro ‘Slam Poetry Bóveda’ da 2ª tempada

Comezou a nova tempada do Bóveda Slam Poetry 2024 e fíxoo no restaurante Arume de Rubián o pasado domingo 21 de xaneiro. Unha crónica do acontecido que chega da man de 'Roberto do Pacio', un membro activo do certame.

Publicado o

POR
Roberto do Pacio
- Advertisement -

Comeza a nova tempada do Bóveda Slam Poetry 2024, que nesta primeira volta celebrouse no restaurante Arume de Rubián, na tardiña do domingo día 21 de xaneiro, unha nova ubicación para esta festa da poesía que resultou ser do máis acolledora

Como sempre, foi unha tardiña cargada de emocións intensas, intensificadas ao máximo nivel grazas á música de “The Treasure” e de “El chico López”, bandas que se achegaron dende Sarria para agasallarnos cunha calidade e versatilidade de estilos que foi a gloria dos asistentes.

Nesta xeira contamos coa participación de Andrea Micc, J.J. Guille, Yolanda Alcas, Joserra, María Barrado, Xosé Casar “Piteira”, que substituiu á baixa de última hora de José M. Rodríguez, e por último un servidor, Roberto do Pacio.

Sen dúbida, cada competición a golpe de versos é unha experiencia que remexe o espírito, onde a “competición” é unha mera excusa para que os slamers compartan as súas paisaxes internas co público, e que grazas a ese compartir, entre todas poidamos ensanchar un chisco a nosa “ollada” do mundo. É un auténtico privilexio contar con poetas de tan alta calidade, de estilos tan variados e que falan de temáticas tan diversas.

GAÑADORAS E GAÑADORES

Nesta ocasión, tivemos 7 gañadores e gañadoras, que saíron a rapsodiar, e no podio, premiados coas fermosas tazas de campións, tivemos a Andrea Micc, en terceiro lugar, a Yolanda Alcas coa taza de prata, e finalmente, a Xosé Casar, que se estreaba no Bóveda Slam Poetry cunha merecida taza de ouro, co que queda automáticamente clasificado para a GRANDE FINAL de xuño.

Campións coas súas tazas. Foto: Bóveda Slam Poetry – KulturN’aldea

Dende KulturN’aldea queremos agradecer como sempre a tódolos colaboradores a súa participación nesta festa da vida que é cada Slam, e convidar aos lectores a que presencien de motu propio esta festa o día 25 de febreiro no mesmo Restaurante Arume de Rubián a partir das 18:00 horas, no que celebraremos o 2º encontro da presente tempada.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...