HomeOpiniónMensaxe do Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo a Pedro...

Mensaxe do Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo a Pedro Sánchez

Publicado o

POR
José Tomé Roca
- Advertisement -

Bienquerido compañeiro Presidente: Recibo con enorme sorpresa e preocupación a túa carta aberta sobre o período de reflexión en relación coa túa continuidade como Presidente do Goberno de España.

Son consciente do difícil que é soportar as mentiras, falsidades e manipulacións que a dereita está a levar a cabo sobre a túa persoa e a túa familia, o que é difícil soportar no día a día.

Teño que pedirche que fagas un novo esforzo de resistencia para evitar que os embarradores cheguen ao Goberno de España sen merecelo. Lémbroche que Feijóo chegou en 2009 ao Goberno da Xunta de Galicia fundamentando a súa campaña en dúas mentiras:

  • Que Touriño comprara un coche oficial blindado moi caro.
  • Que o Conselleiro Méndez Romeu comprara unhas cadeiras moi caras para a súa Consellería supoñendo un malgasto.

Hai múltiples casos de investigación ou imputacións sobre cargos socialistas que ao final foron absoltos ou arquivados, non podendo recuperar os seus cargos, o que supón unha inxustiza maiúscula.

Por favor, non caias no mesmo erro, pídocho por favor. Contas co meu humilde apoio para que sigas mellorando a vida dos españois, con novos dereitos, mellorando a economía e poñendo a España no lugar internacional que merece.

Sabendo o difícil que é esta situación debes continuar liderando un Goberno exemplar.

Un abrazo enorme. José Tomé.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón apura o concurso de petiscos mentres espera unha gran xornada de Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón espera vivir este sábado 6 de decembro outra das súas...

Un incendio corta a circulación ferroviaria entre Monforte e León

A circulación ferroviaria atópase interrompida entre Folgoso e La Granja  por unha avaría derivada...

Tres menores investigados en Sarria por furtos en dous comercios

A Garda Civil investiga na localidade lucense de Sarria a tres menores de idade...

Así se presenta a programación deste Nadal en Monforte

A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, e a Concelleira de...