HomePolíticaO BNG levará ao pleno provincial a demanda de mellora das infraestruturas...

O BNG levará ao pleno provincial a demanda de mellora das infraestruturas e da xestión do regadío do Val de Lemos

A iniciativa no pleno da Deputación de Lugo súmase ás accións que o BNG vén desenvolvendo en relación con esta infraestrutura, presentando nos concellos, no Parlamento Galego ou no Congreso iniciativas para reclamar a atención das institucións sobre a problemática do regadío do Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG buscará o acordo do pleno provincial para reclamar á Confederación Hidrográfica, ao Estado e á Xunta de Galicia un plan de mellora das infraestruturas e da xestión do regadío do Val do Lemos.

A formación nacionalista presentará no vindeiro pleno – o 30 de xullo- unha iniciativa que recolle as medidas máis urxentes para que a infraestrutura responda as demandas e necesidades do desenvolvemento agrogandeiro na zona.

A proposta prioriza a renovación e limpeza das canles de regadío, a creación dun censo para a xestión eficiente dos cobros, a condonación da débeda ás comunidades de regantes e a realización dunha parcelaria ou agrupación de finca, Daniel García, visitou a zona, acompañado pola responsable comarcal do BNG nas comarcas do Sur, Rosana Prieto, e polo portavoz do BNG de Monforte, Emilio Sánchez, que compartiron a urxencia dunha actuación coordinada por parte das administracións para aproveitar as potencialidades desta infraestrutura, agora nun lamentable estado de deterioro e abandono.

Daniel García explicou que “a mellora das infraestruturas e da xestión do regadío é cjave para aproveitar o potencial produtivo da zona e previr o abandono do territorio, polo que pediremos á corporación provincial unidade para asumir as demandas do sector agrogandeiro e da comunidade de regantes e esixir ás institucións competentes que traballen de forma coordinada para que o regadío preste un servizo eficaz e viable”.

ÚLTIMAS

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...

Sarria celebra desde este 14 de xullo ata o día 20 a IV edición do Ultreia e Suseia

Sarria acolle desde este luns e ata o 20 de xullo unha nova edición...