HomeOpiniónOpinión: De anchoas, auga e emoción

Opinión: De anchoas, auga e emoción

Unha reflexión que convida ao entendemento político en Monforte para remunicipalizar un servizo público.

Publicado o

POR
Maro Carretero
- Advertisement -

Recentemente tivo lugar unha polémica referente ao chiringuito situado á beira do río Cabe, en Monforte de Lemos. O Anchoas, que así se chama a devandita instalación, consiste nun pequeno contenedor cun non menos pequeno almacén no que apenas caben os productos e elementos necesarios para unha terraza. Ao parecer, trala denuncia dun particular saiu a relucir a situación irregular na que se atopa esta construcción que se remonta aos anos 60. Como consecuencia, parece próxima á desaparición do emblemático chiringuito do Paseo do Malecón.

Despois deste suceso non tardaron en saír as reaccións dalgúns partidos da oposición.
Concretamente o concelleiro do BNG, Manuel Luaces facía referencia ao concepto de “patrimonio emocional” como argumento a favor da continuidade desta propiedade privada. E sen contradicir ao amigo Luaces, pois somos moitos os monfortinos que gardamos boas lembranzas neste lugar único, chámame a atención a apelación aos sentimentos como xustificación case principal da defensa para a preservación deste negocio particular.

Non serei eu quen vaia contra o sentir dunha posible maioría de monfortinos pero boto en falta que esa paixón mostrada a prol da continuidade (insisto) dunha propiedade privada, sexa realizada tamén á hora de falar de determinados servizos públicos.

E xa que vimos de falar da defensa do lecer no río Cabe, podemos falar tamén da auga. Ese ben irrenunciable e cuxo servizo leva, permítaseme a esaxeración, “secuestrado” case un cuarto de século pola empresa Aqualia, antes Seragua. É necesario falar deste servizo público, privatizado polo goberno de Nazario Pin (PP) e cuxo contrato foron incapaces de facer cumprir durante os mandatos de Serverino Rodríguez (BNG). Chegouse a constituir, incluso, unha comisión informativa especial, centrada no servizo de auga de Monforte. Comisión na que tiven a ocasión de asistir en calidade de acompañente do representante da Comisión Cidadá na Defensa do Servizo de Auga, Antón Falcón. Unha das patacas quentes desta comisión foi a desaparición por máis dunha década do contrato coa empresa Aqualia. Nas acusacións cruzadas entre os representantes dos distintos partidos chegouse a preguntar pola persoa responsable que custodiaba a chaves do arquivo municipal. Unha situación, como cualifiquei no seu momento como responsable local de Esquerda Unida, cando menos esperpéntica. Unha desas situacións inverosímiles foi que os responsables do arquivo non foron capaces de atopar o contrato coa empresa de augas porque o estiveran buscando todo o tempo pola letra A de Aqualia e non pola S de Seragua. En fin, unha escena digna dunha película de Berlanga ou de Cuerda.

E toda historia que lles a cabo de contar queridos lectores, vén a colación da relación que os
monfortinos temos cun ben material coma o da auga sen menoscabar a subxectiva importancia do “patrimonio emocional” de determinadas construcións. E aproveito para lanzar unha suxerencia aos partidos da oposición interesados na mellora dos servizos públicos:

Se non me falla a memoria, o vindeiro ano finaliza a vixencia do contrato con Aqualia. Un servizo desastroso que están a padecer moitas e moitos monfortinos dende hai décadas. Penso que xa é hora de que a maioría de veciños do Cabe sexamos capaces de volver a poñernos dacordo na recuperación dun servizo, aos feitos me remito, que nunca se debeu privatizar. Xa vai sendo o momento de deixar de aguantar as contiuas baixadas de presión, os cortes de subministro, as roturas e deficientes reparacións das tuberías, por non falar da calidade da auga, que deixa moito que desexar.

En definitiva, temos uns meses fermosos para falar e poñernos dacordo, pois isto é unha cuestión de vontade política e de exercer os nosos dereitos coma cidadáns. É un momento único para facer campaña pola remunicipalización dun servizo que pouco ten de emocional e moito de imprescindible.

ÚLTIMAS

IV Encontro arredor do Viño, “Montefurado: patrimonio e terroir”, do 13 ao 15 de xuño en Quiroga

Este luns presentábase na Delegación Territorial da Xunta en Lugo o cuarto Encontro arredor...

O DH Molinos reuniu no Páramo aos mellores riders do Estado

A proba, organizada pola DHG Team de Sarria, incluíse este ano no calendario da...

Networking e sinatura de convenio de colaboración entre a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e Nordés Club Empresarial para afrontar os retos do...

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next dará a coñecer proximamente os resultados destas...

O Concello de Chantada informatiza as reservas para a utilización das Pistas de Pádel e de Tenis

O Concello de Chantada instalou no 2023 unha nova Pista de Pádel na Área...