HomePolíticaEn Marea reivindica en Monforte un ferrocarril público e social

En Marea reivindica en Monforte un ferrocarril público e social

A candidata ao Senado por En Marea, Emma Rodríguez, e o candidato número 4 ao Congreso, Iván López, así como a Deputada de En Marea Paula Vázquez Verao, veñen de reunirse coa Plataforma ferroviaria "Neste tren cabemos todas", para transmitirlles o apoio ás súas reivindicacións.

Publicado o

- Advertisement -

As candidatas de En Marea comprometéronse a esixir que o novo goberno saído das eleccións do 28 de abril cumpla, nos primeiros seis meses, coas reivindicacións máis urxentes da Plataforma. Consideran fundamental, aumentar o persoal no taller de Renfe, “Hai unha intención clara de desmantelamento do taller, e non o imos permitir”, sinala Emma Rodríguez. O taller pasou de ter 43 postos de traballo a 13, e precisa ademais un reforzo das instalacións, para evitar ter que reparar máquinas á intemperie.

Outra reivindicación inmediata será o aumento de frecuencias de trens de proximidade, esixen a posta en funcionamento dun tren que saia de Monforte ás 7:15 h para enlazar co Avant que sae para Santiago ás 7:55 h de Ourense, así como unha ligazón de volta co último Avant que sae de Santiago ás 20:30 h e chega a Ourense ás 21:08 h. Segundo En Marea, este novo servizo permitiría á mocidade e ás persoas en xeral estudar ou traballar en Santiago ou Coruña sen ter que vivir alí.

Tamén entenden como prioritarias a mellora da accesibilidade e instalacións da estación de FFCC de Monforte dende o punto de vista das persoas con mobilidade reducida e da seguridade, e a supresión dos pasos a nivel na cidade de Monforte.

Estas reivindicacións tamén serán rexistradas no Parlamento de Galicia para que a Xunta inste ao Goberno do Estado a comprometerse con elas.

ÚLTIMAS

Comezo do ‘Marida Maio 2026’

O 'Marida Maio', evento que conta co patrocinio da Deputación de Lugo, fai posible...

Este 16 de maio comeza o “Descubrir Quiroga” percorrendo o Camiño de Inverno

Este xoves o concello de Quiroga presentaba o programa que comeza xa coa súa...

En marcha as obras da estrada provincial que une Chantada e Os Peares

A actuación permitirá acondicionar un total de 23 quilómetros de vía, concretamente entre os...

O Concello de Chantada mellora a limpeza das beirarrúas

O Concello de Chantada a través da concellaría de Infraestruturas Urbanas coordina o comezo...