HomePolíticaO PP de Monforte traballa para recuperar a alcaldía

O PP de Monforte traballa para recuperar a alcaldía

A candidata popular á Alcaldía de Monforte, Katherinie Varela, afirma que o seu equipo traballa arreo para recuperar o apoio dos monfortinos para acadar a Alcaldía de Monforte. Os afiliados celebrarán reunión este xoves día 2 ás 20.30 na sede da rúa Huertas.

Publicado o

- Advertisement -

Os populares recoñecen que os resultados, na cidade do Cabe, das pasadas eleccións xerais non cumpriron as expectativas do PP, polo que aseguran “tomar boa nota” da decisión dos veciños e veciñas, “traballamos para recuperar a confianza da cidadanía”, precisa a candidata.

Katherinie Varela explica que a súa candidatura e o partido se puxeron mans á obra para ofrecer o mellor programa e o mellor proxecto de futuro para gobernar Monforte os vindeiros 4 anos.

Co obxectivo de recuperar a confianza da cidadanía e co propósito de seguir adiante co proxecto dos populares, celebrarase unha reunión da candidatura con afiliados o vindeiro xoves, día 2 de maio, na sede dos populares monfortinos, na Rúa Huertas, a partir das 20:30 horas. A esta reunións seguiranlle unha serie de encontros con afiliados, simpatizantes, asociacións e coa cidadanía de Monforte de cara a explicarlles o programa co que concorrerán ás eleccións.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...