HomePolíticaPresentación da candidatura do PSOE da Pobra do Brollón

Presentación da candidatura do PSOE da Pobra do Brollón

O actual voceiro socialista no Concello da Pobra do Brollón, Javier González, encabeza a candidatura, que presenta como principal iniciativa, a creación dunha cooperativa municipal de aproveitamento forestal.

Publicado o

- Advertisement -

O candidato socialista destaca que a candidatura representa as distintas sensibilidades do Concello. Acompañan a Javier González, Javier Quiroga Castro, Tamara Rodríguez Pérez, Antonio Fernández Camino, Alfonso Alfaya Domínguez, Avelino López Parada, Javier Maceda Rodríguez, Adolfo Rubio Pascual e Gorka Arreche Caballero. O candidato asegura que  “somos un grupo de xente comprometida e traballadora que queremos ser a alternativa real do desgoberno do Alcalde do BNG.

Segundo os socialistas, é fundamental frear a perda de poboación no concello e propoñen xerar oportunidades económicas coa creación do COMUPO, Cooperativa Municipal da Pobra do Brollón, que xestionaría a masa forestal do territorio. Aseguran que se agruparán os 22 montes veciñais en mancomún co obxectivo de crear un chan para que os veciños sexan os que traballen os seus montes. “Con este plan minimizaremos o risco de incendios, os usuarios sacarán rendemento económico e xeraremos uns 30 novos postos de traballo no Concello”, sinala González.

Javier González considera que co goberno do BNG non se fixo nada que mellorara a calidade de vida dos cidadáns e apostan por ser “o partido que lidere o cambio que demanda a veciñanza do concello”. Aseguran tamén que “Queremos unha institución que estea ao servizo da xente e non dos intereses persoais, transparente e non sumida no escurantismo. Un organismo como a Deputación de Lugo, onde os nosos compañeiros no Goberno Provincial destinaron 2,3 millóns de euros para mellorar as infraestruturas, as prestacións públicas, xerar empregos e atender aos nosos maiores.”

ÚLTIMAS

O Trail galego das categorías infantil, cadete e xuvenil adéstrase en Chantada

Unha vintena de nenos e nenas chegados de toda Galicia, acompañados polo preparador e...

‘Val de Quiroga de tapas’: a tapa gañadora coñecerase tras o pregón da Feira do Viño de Quiroga

O 'Val de Quiroga de tapas' celebrou a súa décimo terceira edición neste comezo...

Os coidados como saída laboral a debate este 24 de abril no Ecocentro Natureza de Monforte

O vindeiro xoves, 24 de abril, o Ecocentro Natureza de Monforte de Lemos (á...

Búscase cartel para a Feira Guímara da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de anunciar a convocatoria para o primeiro...