HomePolíticaO pleno de Monforte vota este luns a dimisión de Tomé como...

O pleno de Monforte vota este luns a dimisión de Tomé como alcalde

Unha protesta, convocada para media hora antes do pleno, pedirá o mesmo ás portas do Concello.

Publicado o

- Advertisement -

O pleno de Monforte de Lemos debaterá este luns a dimisión de José Tomé como alcalde do municipio tras transcender, a través do programa ‘Código 10’, a existencia de denuncias contra o dirixente socialista lucense, que un día despois, o martes 30 de decembro, formalizará a súa renuncia como presidente da Deputación.

O PP (con catro concelleiros) e Esperta Monforte (cun único edil) presentaron senllas mocións, que figuran como os puntos 5 e 7 –respectivamente– da orde do día do pleno ordinario, que terá lugar este luns ás 20.00 horas. Os populares instarán a que Tomé dimita como rexedor e tamén como concelleiro. Pola súa banda, o edil de Esperta Monforte, Jaime Germán Vázquez, pedirá a súa dimisión a el como alcalde e a Margarita López como concelleira de Igualdade.

Na semana na que saltou o caso, Tomé anunciou ante os medios que deixaba a Presidencia provincial, pero que retiña a Alcaldía e a acta como deputado provincial, pasando en ambos os casos a ser non adscrito. Entón, explicou que seguiría gobernando a localidade como “non adscrito” ata que se resolvese a súa situación ao argumentar que conta con “unha ampla maioría absoluta” e non ten que “sorportar ningunha mentira nin invento” contra a súa persoa.

Paralelamente, Marcha Mundial das Mulleres convocou unha protesta contra o alcalde ás 19.30 horas no Campo de San Antonio, media hora antes do inicio da sesión plenaria. Baixo a lema ‘Machistas fóra dás institucións!, as organizadoras reclaman a súa “dimisión inmediata” do posto.

 

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...