HomePolíticaProblemas de mantemento na rede de subministración de auga de Bóveda?

Problemas de mantemento na rede de subministración de auga de Bóveda?

A voceira municipal do PSOE no concello, Carmen Macía, denuncia que hai moitas queixas de veciñas e veciños prexudicados por fugas de auga constantes.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo apuntan dende o PSOE de Bóveda, veciñas e veciños de varias parroquias deste concello como Freituxe, Ver ou Guntín, fixéronlles chegar as súas queixas por mor de fugas de auga constantes na rede de abastecemento pública de auga que están chegando a zonas das súas propiedades privadas como son algunhas adegas. Segundo comunica a voceira do partido, Carmen Macía, “as persoas afectadas avisaron do Alcalde deste problema pero non fixo absolutamente nada para solucionalo”.

Macía, entendendo que cómpre darlle solución a estes problemas veciñais, manifesta que “despois das Eleccións Municipais parece que o rexedor do PP non ten ningún interese en atender as demandas dos veciños. Dende o Partido Socialista esixímoslle que realice as actuacións necesarias para reverter esta situación e que as persoas afectadas poidan vivir nunhas condicións dignas”.

A voceira socialista subliñou tamén que “isto vén provocado pola falta de mantemento por parte do Concello e súmase aos problemas que tivemos hai un mes coa falta de auga en Rubián e Bóveda. O Alcalde tense que preocupar de verdade polo que pasa no seu Concello, que o ten totalmente abandonado, sobre todo o rural, cunhas prestacións moi precarias”.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...