HomePolíticaKatherinie Varela é nomeada presidenta da xestora do PP de Monforte

Katherinie Varela é nomeada presidenta da xestora do PP de Monforte

Substitúe a Miguel Lemos, quen puxo o seu cargo a disposición da dirección do PP.

Publicado o

- Advertisement -

Katherinie Varela foi nomeada presidenta da xestora do PP en Monforte o pasado martes día 18. Substituirá a Miguel Lemos, que puxera o seu cargo a disposición da dirección provincial do partido, que ocupa Elena Candia.

Varela xa foi candidata á alcaldía polo PP nas eleccións municipais do pasado 26 de maio e este sábado tomou posesión do seu cargo como concelleira e portavoz do Grupo Municipal do PP. Acompañárona os outros representantes populares electos: Roberto Eireos, Manuel Rodríguez e Víctor Rodríguez.

Ante esta nova, Katherinie Varela sinalou que a súa prioridade é conformar un equipo de traballo plural que sume todas as posturas dentro do Partido Popular. “Contaremos con todos os que queiran sumarse a este proxecto e facendo un labor de oposición responsable e comprometida”, declarou Varela.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...