HomePolíticaO PP monfortino denuncia a renuncia do Concello ás axudas contra incendios...

O PP monfortino denuncia a renuncia do Concello ás axudas contra incendios da Xunta

Dos 67 concellos da provincia, 63 recibiron axudas da Xunta en materia de prevención e loita contra incendios forestais.

Publicado o

- Advertisement -

O Grupo Municipal do Partido Popular de Monforte denunciou este mércores día 10 que o Concello non solicitou este ano o convenio coa Xunta en materia de prevención e loita contra incendios. Segundo os populares a Executiva monfortina só se adheriu ás liñas de axudas para financiar os traballos de rozas e limpezas forestais, e renunciou ás destinadas á contratación de brigadas e mantemento de motobombas.

Na provincia de Lugo foron 63 de 67 os municipios que recibiron recursos da Xunta dentro do PLADIGA (Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia) para esta tempada de alto risco de lumes. En total, en Lugo traballan na loita contra incendios uns 1.300 efectivos.

A voceira do PP, Katherine Varela, afirmou sobre esta decisión do alcalde José Tomé “que non o podemos comprender, posto que Monforte é un dos municipios da provincia cunha zona rural máis ampla”. Os populares lamentan a “desidia” coa que Tomé deixou pasar estas axudas.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...