HomePolíticaRegresará ao PSOE Claudio Garrido, alcalde de Sarria?

Regresará ao PSOE Claudio Garrido, alcalde de Sarria?

O alcalde de Sarria Claudio Garrido, recoñece conversas con cargos socialistas para que regrese ao partido, pero asegura que non o ten en mente a medio prazo.

Publicado o

- Advertisement -

O actual alcalde de Sarria, Claudio Garrido, foi durante varias etapas alcalde baixo as siglas do PSOE e desempeñou cargos orgánicos a nivel galego. As diferenzas coa que viña sendo alcaldesa socialista, Pilar López, fixérono deixar o partido e aí xurde Camiña Sarria.

Segundo Garrido a sintonía co PSOE é boa, “hai sentimentos de moito agarimo. Pero agora correspóndeme xestionar e non facer política. Os sentimentos, a ideoloxía e os valores non se perden pola decisión de cambiar dun partido a unha agrupación electoral”, asegura o alcalde de Sarria.

Por outra banda, Claudio Garrido agarda contar, no pleno do venres, co respaldo da oposición para sacar adiante a proposta sobre os salarios da corporación. Como funcionario do grupio A1 da Xunta, Garrido cobraría 45.000 euros, establécese unha dedicación exclusiva de 16.650 euros e unha parcial que ascende a 15.000 euros.

Nas últimas eleccións municipais, a corporación de Sarria conformouse con ata cinco grupos. Camiña Sarria e PP empataron a seis concelleiros, dous do PSOE e outros dous para o BNG e un para Galiza Sempre, a marca acuñada polo alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, outro histórico socialista que abandonou o partido por discrepancias tras o seu paso pola Deputación no pasado mandato.

ÚLTIMAS

Tomé asegura que manterá conxeladas as taxas, agás auga e saneamento que subirá un 3%

Este luns, 27, de outubro, lévase ao pleno do Concello de Monforte a proposta...

Lemos Le celebra o Día das Bibliotecas co lema: “Contra a desinformación, bibliotecas”

Unha das datas máis importantes para o colectivo, é o 24 de outubro, Día...

Do 23 ao 25 de outubro Monforte acolle as Xornadas Lactouras

As Xornadas comezan este xoves, 23 de outubro, cunha exhibición gastronómica e degustación a...

‘Día de Bruxas’: unha emotiva e máxica xornada que homenaxeou á ‘Meiga de Torbeo’

A aldea de Torbeo foi, o pasado 18 de outubro, protagonista dunha xornada cultural...