HomePolíticaA Xunta lamenta non saír na foto

A Xunta lamenta non saír na foto

Chantada celebra o 24 de agosto unha nova edición do Folión de Carros, Festa de Interese Turístico Galego.

Publicado o

- Advertisement -

O 13 de agosto presentábase o Folión de Carros de Chantada, cita á que a organización, a Asociación Amigos do Folión, non invitiu á Xunta de Galicia. O Folión conta cunha achega de 7.500 euros da Xunta de Galicia, a contía máxima prevista para as festas de interese turístico galego.

A Administración autonómica lamenta esta omisión e lembra que sempre mantivo unha actitude colaboradora coa asociación cultural que organiza o evento, prestando apoio económico para o desenvolvemento e cooperando coa súa promoción.

A subvención concedida este ano ao Folión de Carros responde aos máximos previstos nas disintas liñas: 3.000 euros da Consellería de Cultura e Turismo para sufragar investimentos directamente vinculados ao apoio, promoción e difusión da festa; 1.500 euros a través do convenio con Abanca que auspicia a citada consellería, e outros 3.000 euros pola adhesión a un programa da Secretaría Xeral da Igualdade.

Polo que respecta a este último, a Xunta ofrece a oportunidade de incluír durante a celebración das festas de interese turístico unha campaña de información e sensibilización fronte á violencia sexual en espazos públicos, Agresión Off. Eu digo non á violencia sexual, sufragada pola Secretaría Xeral da Igualdade.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...