HomePolíticaA metade da poboación menor de idade do Concello de Quiroga en...

A metade da poboación menor de idade do Concello de Quiroga en situación de pobreza?

O umbral de pobreza é o 60% da mediana dos ingresos anuais por unidade de consumo. O BNG de Quiroga, tras o análise dos datos do INE alusivos a Quiroga, asegura que se detecta un 49% de poboación menor, en situación de pobreza.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo os nacionalistas este datos son inadmisibles para o Concello de Quiroga e son consecuencia das políticas do equipo de goberno. Consideran desde o BNG que esta situación se debe, en gran medida, ás políticas de contratación a través do Concello, á desatención en materia de desenvolvemento económico e, entre outras cuestións, á falta de previsión coa crise do sector da pizarra.

Cun 49% da poboación menor de 18 anos en situación de pobreza, resultado de “32 anos de política acomodada”, segundo o BNG; piden os nacionalistas que o Concello de Quiroga reaccione de inmediato.

O BNG  estuda levar o tema ao vindeiro Pleno Municipal, para coñecer a política en materia de desenvolvemento económico local que ten o equipo de goberno e esixir medidas para paliar a situación económica.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...