HomePolíticaO BNG de Monforte solicita mellor iluminación nas rúas do casco histórico...

O BNG de Monforte solicita mellor iluminación nas rúas do casco histórico e no parque da Florida

O BNG de Monforte presenta ao pleno deste luns, día 30 de setembro, 5 rogos e unha moción. A moción refírese á liña ferroviaria A Coruña-Monforte-Ponferrada e ás estacións de tren eliminadas.

Publicado o

- Advertisement -

Os nacionalistas solicitan na moción instar á Xunta de Galiza a negociar con Renfe e Adif a inmediata posta en funcionamento co carácter de “paradas facultativas” das estacións e apeadeiros eliminados na liña A Coruña – Monforte – Ponferrada; a adecuación de horarios de tres servizos, mañá, mediodía e serán, que faciliten a chegada ás grandes cidades e os transbordos cos servizos de Longa Distancia; a asimilación tarifaria, así como de axudas, subvencións e bonificacións, en igualdade de condicións ao transporte colectivo por estrada; promover unha mellora integral da infraestrutura, incorporando a dupla vía, mellorando o trazado, eliminando definitivamente os pasos a nivel, electrificándoa e aumentando os sistemas de seguridade e establecer os mecanismos oportunos para a creación dun ente ferroviario galego, en exercicio das competencias propias da Autonomía.

Nos rogos, o BNG solicita que se mellore e amplie o alumeado público en rúas do Conxunto Histórico, como a da Cerca, Corna, Flores ou Burato; o amaño das estradas LU-P-3202 E LU-V-6013; a iluminación do parque infantil da Florida e que se axilicen os trámites para a limpeza da franxa de protección dos cortalumes nas fincas particulares.

O incendo de principios de setembro deste ano é a orixe do último rogo que presenta o BNG. Este incendio deixou ao descuberto o estado no que se atopa o antigo vertedoiro de Seoane, con moreas de terra e cristais sen nivelar, ademais de numerosos obxectos metálicos, etc. O BNG pide que se esclareza a propiedade desa parcela, se faga un estudo sobre o seu posíbel aproveitamento e se sele de xeito correcto os restos do vertedoiro.

 

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...