HomePolíticaUn Pazo de Sober aberto á cidadanía, demanda de Agroma

Un Pazo de Sober aberto á cidadanía, demanda de Agroma

Agroma Sober levará a Pleno o feito de que non se poidan visitar xardíns e instalacións do Pazo de Sober e pedirá estudar a declaración BIC do inmoble ou parte del.

Publicado o

- Advertisement -

Desde Agroma Sober sinalan que logo de ser apoiado con fondos públicos, a actual xestión do Pazo de Sober non permite o acceso aos xardíns nin ás instalacións da planta baixa do Pazo, como teñen sinalado veciños e visitantes.

Lembran desde Agroma Sober que un dos compromisos tanto do Concello como da Consellería de Cultura fora ter fórmulas de colaboración na “organización de convocatorias culturais” así como “na promoción do turismo de calidade”; asemade, o Goberno Local comprometeuse a facer seguimento da marcha do hotel. Sen embargo desde Agroma aseguran que neste verán teñen recibido múltiples queixas pola imposibilidade de visitar os xardíns e as zonas comúns do Pazo, así como pola imposibilidade de facer uso da cafetería.

Con estes antecedentes, na moción da Agroma soicitan ao Concello que traslade á Xunta a necesidade de estudar a súa declaración como Ben de Interese Cultural, do conxunto ou de partes do Pazo, de xeito que se tería obriga de establecer un réxime de visitas.

Por outra parte, Paula Vázquez Verao rexistrou no Parlamento unha batería de iniciativas dirixidas ao IGAPE para coñecer en extenso a xestión na concesión das axudas ao Pazo que recibiu do IGAPE 887.619 euros habendo posibles incumprimentos nas condicións de concesión de axudas.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...