HomePolíticaOs orzamentos da Xunta para o sur de Lugo son promesas que...

Os orzamentos da Xunta para o sur de Lugo son promesas que non se cumplen, segundo o BNG

Como exemplo, o BNG refírese ao Corredor Nadela-Monforte, no que a Xunta prevé un investimento de 3 millóns de euros neste proxecto de orzamentos. "O goberno de Feijóo tiña consignado para o 2018 uns 4 millóns de euros, na que prevían investir 6 millóns para 2019 e outros 6 millóns para 2020. Mais o certo é que non executaron nin un só euro", sinala o BNG.

Publicado o

- Advertisement -

Aseguran desde o BNG que a Xunta de Galicia continúa coas mesmas promesas que nunca se cumpren. A deputada por Lugo, Olalla Rodil, denuncia que “hai proxectos que o Partido Popular leva anunciando os últimos catro anos a bombo e prato en Lugo e aínda non vimos mover unha pedra”.

Segundo Rodil “É unha tomadura de pelo á veciñanza de Lugo, de Sarria e de Monforte. O PP comprometeuse a converter o corredor en autovía en 2011, van oito anos e non fixeron nada malia que as expropiacións no tramo Nadela-Sarria están feitas xa.”

Outras cifras que se repiten como eternas, segundo o BNG son os 450 mil euros do Plan Paradai ou os 750 mil euros do Porto Seco de Monforte. O BNG asegura que defenderá a través do proceso de tramitación dos orzamentos que comeza agora no Parlamento os investimentos que merecen as comarcas de Lugo e o necesario impulso de proxectos que levan unha década de retrasos e incumprimentos do PP na Xunta.

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...