HomePolíticaADIF, enésimo atranco para o Porto Seco monfortino

ADIF, enésimo atranco para o Porto Seco monfortino

Adif vén de anunciar que o proxecto para conectar o Porto Seco de Monforte coa N-120 ten que paralizarse por mor dun paso a nivel sen barreiras que se atopa nas proximidades da vía de comunicación prevista e que debería ser suprimido. 

Publicado o

- Advertisement -

Recentemente, esta conexión tivo que adaptarse ao futuro paso da autoestrada A-76 que conectará Ponferrada con Ourense, e con esta nova de Adif xorde un conflito inesperado porque esta entidade exixe á Xunta que elimine o paso a nivel devandito para poder darlle continuidade aos traballos. Chegados a este punto, o executivo galego deixa caer que non ten competencias neste particular e avanza que esta acción vai ocasionar novos procedementos administrativos dilatorios.

Tal noticia, como era de prever, creou un novo conflito político e fai aparecer novas pantasmas no Porto Seco, que semella son as únicas que habitan esta infraestrutura que leva demasiados anos convertindo os soños dos monfortinos e monfortinas en pesadelos.

O Partido Popular acusa ao Goberno de Pedro Sánchez e os socialistas ao Goberno da Xunta e no medio aparece o BNG para botarlle as culpas do estancamento e da paralización do proxecto á liorta que teñen entre eles. Segundo afirma o concelleiro dos nacionalistas en Monforte, Emilio José Sánchez, “no partido que xogan a Xunta do PP e o Ministerio de Fomento do PSOE as únicas que perdemos somos as persoas que vivimos e traballamos aquí. Isto demostra a falta de planificación tanto da Xunta coma de Fomento e o pouco que lle importamos os monfortinos e os cartos públicos”.

Ademais de cualificar a situación como “surrealista”, o voceiro do BNG lembra que é outra promesa incumprida tanto do PP coma do PSOE e cre que unha boa oportunidade para manifestarse en contra desta nova falta de respecto cara á cidade do Cabe. Neste senso convida á cidadanía a que este domingo 10 empregue o voto como arma para castigar a estes partidos, porque “se o BNG fose determinante para aprobar os orzamentos en Madrid, isto non acontecería”.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...