HomePolíticaMonforte de Lemos, baluarte socialista na comarca nas eleccións do 10N

Monforte de Lemos, baluarte socialista na comarca nas eleccións do 10N

Agás Monforte e Ribas de Sil, no resto dos concellos gañou o PP.

Publicado o

- Advertisement -

Os resultados das eleccións xerais na provincia de Lugo, co 100% escrutado, deixan o mesmo escenario que nos comicios do pasado mes de abril, cos catro escanos para repartir equitativamente entre PP e PSOE.

Os ‘populares’ gañaron de novo en votos, pero non en escanos, quedando cos mesmos que o PSOE (dous), malia ter os conservadores algo máis dun 6% de votos. Esa é a gran novidade respecto ás anteriores eleccións, cando houbo un empate técnico, co 33,60% para o PP e un 33,22% para os socialistas.

Destacan tamén as subas de máis de dous puntos de BNG e Vox –insuficientes para acadar escano–, a leve baixada dun punto de Unidas Podemos e a desfeita de Ciudadanos, que de ser a cuarta formación pasa agora ao sexto lugar, perdendo case seis puntos.

Na Comarca de Lemos destaca a victoria do PSOE en Monforte, co 35,73% dos votos fronte ao 33,15% do PP. Tamén en Ribas de Sil, onde arrasaron os socialistas co 47%. En todos os concellos da comarca o PP foi o vencedor.

PARTIDOS Escanos’10N Por’10N Esc’28A Por’28A
PP 2 38,13% 2 33,60%
PSOE 2 31,93% 2 33,22%
UnidasPodemos(1) 0 9,17% 0 10,14%
Vox 0 8,12% 0 5,73%
BNG 0 7,21% 0 4,83%
Ciudadanos 0 3,20% 0 8,91%

ÚLTIMAS

“Eu sempre teño a porta aberta”, Javier Monterde, avogado na Pobra do Brollón

Javier Monterde Piguillen naceu en Barcelona, no barrio da Sagrada Familia, e o seu...

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...