HomePolíticaRestrinxe á oposición o regulamento orgánico municipal do concello de Monforte?

Restrinxe á oposición o regulamento orgánico municipal do concello de Monforte?

No pleno de outubro do concello de Monforte presentouse a proposta da alcaldía sobre aprobación inicial do regulamento orgánico municipal. Esperta Monforte anuncia que presentará alegación á totalidade a este regulamento.

Publicado o

- Advertisement -

O grupo municipal EspertaMonforte! asegura que este concello necesitaba aprobar un regulamento orgánico municipal. Sen embargo, amosan o seu rexeitamento ás formas no que se presentou o regulamento e ao contido do mesmo.

Este grupo municipal considera que sería de rigor facer unha alegación á súa totalidade, polo motivo de non ter convocados ao resto dos grupos para elaborar este regulamento, “que afecta a todos e vai determinar a organización plenaria de aquí en diante”.

Dende EspertaMonforte! consideran que este regulamento debería servir para conciliar a vida municipal, e non para entorpecer a labor dos grupos que non están a gobernar en cada momento.

Segundo esta formación política, co regulamento que se presentou, “estase pretendendo restrinxir a capacidade de intervención dos grupos da oposición, limitando o número de mocións presentadas a dúas por pleno (aspecto co que poderíamos estar dacordo salvo en temas de urxencia), pero o que nos parece gravísimo e limitar tamén o número de rogos e preguntas, e incluso restrinxindo a forma de presentalas”.

ÚLTIMAS

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...